Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

«Culturas» ocúpase do futuro do galego

30 Marzo 2007

«La Voz reuniu a un grupo de persoas significadas, de idades e profesións distintas, que nun debate sobre o futuro do galego propiciaron interesantes conclusións que serán publicadas mañá no suplemento de Culturas. O punto de acordo é que aínda estamos a tempo de salvar o idioma.

Os participantes neste encontro foron o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo; a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; o empresario editor Xosé Ballesteros; a escritora e filóloga Inma López Silva e a secretaria da Mesa pola Normalización Lingüística, María Xosé Jamardo, que dialogaron sobre o estado da lingua galega.» (La Voz de Galicia)

O Congreso aproba a Lei do libro por unanimidade

30 Marzo 2007

(Galicia Hoxe)

IIIº Certame de relato curto “A Nosa Lingua”, do Concello de Arzúa

30 Marzo 2007

(Concello de Arzúa)

Igor Lugrís lanza na rede un “cadáver exquisito” no que participaron 75 persoas

30 Marzo 2007

«A arañeira está chea de “cadáveres” poéticos. A idea do cadáver exquisito -un texto con vontade literaria, escrito por diferentes persoas, que van achegando novas partes para ese escrito- tomou forma na rede da man do escritor galego Igor Lugrís. A partir do verso Há umha certa luz incomprensível na distáncia, que o poeta -nado en Melide e residente no Bierzo- lanzou a través da arañeira a finais de febreiro deste ano, xa recibiu até 60 “cadáveres” nos que participaron máis de 75 persoas». (Galicia Hoxe)

Véxase tamén o blogue de Igor Lugris Ovnis e isoglossas.

IIIº Premio para artigos xornalísticos normalizadores Carballo 2007

29 Marzo 2007

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con varios medios de comunicación escritos, convoca o IIIº Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2007.

Gómez Alfaro recibe o premio de poesía Cidade de Ourense por «Mar aberto»

28 Marzo 2007

(La Voz de Galicia)

IVº Premio de poesía “Fermín Bouza Brey”: até o día 30

28 Marzo 2007

O 30 de marzo remata o prazo para concursar no IVº Premio de poesía “Fermín Bouza Brey”. De carácter bianual e organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa, non era convocado desde o 2003.

Homenaxes a Noriega Varela

28 Marzo 2007

O Museo Provincial de Lugo informa de que as revistas orais O pazo das musas e A voz dos carraos, ambas editadas pola Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo, dedican os próximos números a homenaxear o poeta Antonio Noriega Varela con motivo do sesaxésimo aniversario do seu pasamento (nas ligazóns correspondentes pódense ver os sumarios e as datas as presentacións).

Aviso: para o desprazamento ao Museo do Mar do sábado día 31 vai haber un servizo de autobús gratuíto con saída de Lugo ( Rúa de San Marcos) ás 16, 30 horas e regreso aproximado ás 23 horas. En caso de que queiran utilizar este servizo rógase que fagan a reserva no tfno.: 982 242112 (Departamento de Didáctica) por mor do cómputo de prazas.

XVº premio Manuel Lueiro Rey de novela curta

26 Marzo 2007

O Concello do Grove, en colaboración con Sotelo Blanco Edicións, S. L., convoca o XVº premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. As bases poden consultarse aquí.

Política Lingüística destina máis de 1M€ a proxectos editoriais

23 Marzo 2007

(Xornal.com)

Premio Concepción Arenal 2008