Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Presentación do libro de poemas “Obertura sen heroe”

15 marzo 2007

O acto de presentación do libro de poemas Obertura sen heroe (gañador do 1º Premio AntónTovar), de Yolanda López, terá lugar o vindeiro venres 16 de marzo ás 20:15 horas no Salón Nobre do Liceo de Ourense. Contará coa intervención de Marcos Valcárcel, Delfín Caseiro e a propia autora. Será ofrecido tamén un recital a cargo de Teresa Devesa e Loly Conde, acompañadas ao piano por Ángel Losada.

Xosé Manuel López Vázquez intervirá hoxe na Fundación Luis Seoane

15 marzo 2007

A partires das 19:30, o profesor da USC e comisario de exposicións Xosé Manuel López Vázquez intervirá no curso “A arte nos séculos XX e XXI” coa conferencia “A arte galega I. Dos comezos a Luís Seoane”. (Fundación Luis Seoane)

Unha ducia de novidades de TresCTres

13 marzo 2007

(La Voz de Galicia)

Barbantia celebra en Noia o Centenario de María Mariño

13 marzo 2007

A Asociación Cultural Barbantia ofrece na Casa da Cultura de Noia, do 17 ao 24 de marzo de 2007, un curso homologado pola Consellería de Educación. O programa pode consultarse aquí.

Premios literarios no ámbito dramático

13 marzo 2007

“O DOG nº 44, de 2 de marzo, publicou a nova convocatoria para 2007 do XVI Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, do II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, e do V Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres (modalidades de rapaces e de adultos). O prazo de recepción de orixinais para os tres galardóns remata o próximo 31 de maio.” (IGAEM)

VIIº Premio de poesía “Antonio Prados Ledesma”

12 marzo 2007

Bases VIIº PREMIO DE POESÍA “ANTONIO PRADOS LEDESMA” do Concello de Viveiro:
1)Poderán participar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en língua galega.
2) Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 150 versos, mecanografados a dobre espazo en A4, escritos por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
3) Outorgarase un único premio dotado de 1500 € e poderá ser declarado deserto.
4) As obras deberanse presentar baixo un lema, nun sobre pechado, o nome e apelidos, enderezo e teléfono do autor.
5) Os autores participantes deberán enviar cinco exemplares das obras, a seguinte dirección: CONCELLO DE VIVEIRO - VIIº PREMIO DE POESÍA “ANTONIO PRADOS LEDESMA”, Praza Maior nº 1, 27850 VIVEIRO (Lugo), antes do 25 de ABRIL de 2007.
6) O xurado será designado polo Concello de Viveiro, entre personalidades da cultura. A decisión será inapelable.
7) A participación nesta convocatoria requirirá aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.
8) As obras poderán ser retiradas, por escrito, dentro de tres meses
posteriores á decisión do Xurado.

Visite o stand nº 38 no Cultural

Galería