Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Presentación de “Facer Merzbau non ou posible”, de Estevo e David Creus

30 Abril 2007

Preséntase en Compostela Facer Merzbau non ou posible (”libro+dvd+autocolantes”), de Estevo de David Creus con música de Madame Cell. Será ás 22::00 horas o xoves 3 de maio na cafetaría do Casino (Rúa do Vilar).

Presentación en Compostela de “Tartaruga”, de Xaquín Marín

30 Abril 2007

A presentación do libro Tartaruga, de Xaquín Marín, terá lugar en Compostela o sábado 5 de maio ás 19,00 horas na carpa da Feira do libro (Paseo da Ferradura). Intervirán, ademais do autor, Carlos Silvar (deseñador e ilustrador) e Belén López Vázquez (Baía Edicións).

Presentación en Compostela d’ “Os sons da buguina”, de Carlos Labraña

30 Abril 2007

A presentación do libro Os sons da buguina, de Carlos Labraña, terá lugar en Santiago o mércores día 2 de maio, ás 20:30 horas, na carpa da Feira do libro de Compostela (Paseo da Ferradura). Intervirán, ademais do autor, Ánxela Gracián (tradutora e escritora) e Xoán M. Pazos Castelo (Baía Edicións).

Recital poético na Feira do libro de Compostela

30 Abril 2007

O luns 8 de maio, na Feira do libro de Compostela (Alameda), terá lugar ás 20:00 horas un recital poético que contará coa participación de Marilar Aleixandre, Estevo Creus, Antía Otero, María Lado e Lucía Aldao.

Presentación en Compostela de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

30 Abril 2007

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada na Feira do libro de Compostela (Alameda) o mércores 2 de maio ás 19:00 horas. No acto intervirán o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, os escritores Xoán Xosé Fernández Abella e David Otero e o propio autor.

Actos da A. C. Alexandre Bóveda en maio de 2007

30 Abril 2007

Entre as actividades previstas para o mes de maio de 2007 pola A. C. ALEXANDRE BÓVEDA figuran:

Venres 4: Presentación do libro Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía relixiosa en galego, de Victorino Pérez Prieto, ás 20:00 horas no salón de “Portas Ártabras” (rúa Sinagoga, 22). Intervirán Manuel Espiña, Luz Pozo, Modesto Vázquez, Iria Lago, e o autor.
Martes 8 e xoves 10: Curso intensivo de galego, intitulado Por un modelo digno de lingua, de 20:00 h. a 22:00 h., no salón de actos da asociación, a cargo dos profesores Xosé Ramón Freixeiro e Xosé M. Sánchez Rei.
Venres 11: Presentación do libro A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral, de Carlos Viscainho, con Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e Dores Sánchez Alegre, ás 20:30 h., no local da asociación.
Martes 22: Conferencia a cargo do escritor portugués, D. José Braga-Amaral, que falará d´A Visión de Galiza na literatura dos escritores do Douro: Miguel Torga, Camilo Castelo Branco e João
Araujo-Correia, ás 20:30 h, no salón de actos da asociación.
Xoves 24: Conferencia a cargo do dramaturgo, D. Manuel Lourenzo, que falará da Literatura de tradición popular en Galiza, ás 20:30 h, no salón de actos da asociación.

Cultur.gal, feira do libro e da industria cultural

30 Abril 2007

No Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, do 10 ao 13 de maio, terá lugar a Feira do libro e da industria cultural cultur.gal, con abondosas actividades para todos os públicos.

Vº Certame de poesía “Aurelio Aguirre”

27 Abril 2007

Bases.

VIIº Certame literario “José Saramago” de relato curto

27 Abril 2007

Bases.

Fina Casalderrey acudirá á Galería Sargadelos de Ferrol

27 Abril 2007

Na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32), dentro dos encontros pertencentes á campaña “Educar para ler”, Fina Casalderrey falará da súa traxectoria profesional como escritora e, en concreto, do seu libro A lagoa das nenas mudas, editado por Xerais. O acto, que tamén contará coa presenza de Manuel Bragado, terá lugar o luns día 7 de maio de 12:00 a 13:30 horas.

Premio Concepción Arenal 2008