Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Novos formatos para as tertulias literarias

27 abril 2007

“Coa resaca do Día do Libro, un grupo de blogueiros decidiu poñer en práctica unha iniciativa para promocionar a lectura na nosa lingua. A súa proposta é crear un grupo de lectura de obras galegas que se comunique a través da rede para intercambiar impresións.

Twitter, rede social onde os seus usuarios intercambian breves mensaxes sobre o que están a facer ou a pensar en cada momento, emprégase deste xeito cun interese literario. Os promotores da idea son Martin Pawley, de Días estranhos; Leco, d’O blog dos pelachos, e Alfredo Ferreiro, d’O levantador de minas.” (Vieiros)

Aprazada conferencia de Carmen Blanco no Liceo de Ourense

26 abril 2007

A Conferencia sobre María Mariño de Carmen Blanco prevista para mañá venres 27, no marco do “Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia”, é aprazada para unha nova data que se comunicará, debido a un problema personal da conferenciante. (El Liceo de Ourense)

Presentación de “Punver”, de Yolanda Castaño, en Ferrol

26 abril 2007

Ver nota anterior.

“Novas tendencias da vida mansa”, de Xosé Luis Martínez Pereiro

26 abril 2007

O escritor e humorista gráfico Xosé Luís Martínez Pereiro publica Novas tendencias da vida mansa, libro que inaugura os “Cadernos de Narrativa “da Editorial Laiovento.

Gustavo Pernas gaña o Premio Max 2007

26 abril 2007

Gustavo Pernas Cora recibe o “Xº Premio Max das artes escénicas” por Final de película, obra que xa fora distinguida co XIIº Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.

“Palabras de mulleres”, encontro de poetas en Lugo

25 abril 2007

Este evento terá lugar os días 9, 10 e 11 de maio de 19:00 a 21:30 horas no Centro Cultural Uxío Novoneyra (Lugo). Constituirá un espazo no que se debaterán, investigarán e intercambiarán coñecementos sobre o traballo desenvolvido ao longo da historia polas poetas galegas. Participarán as seguintes poetas: Marilar Aleixandre, Lupe Bao, Carmen Blanco, Marica Campo, María do Cebreiro, Cristina Corral Soilán, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Ma. Sara Fernández, María Lado, e Helena Villar Janeiro.

Convocado o “Albaroque da lingua 2007″

25 abril 2007

Será o día 16 de maio no Fogar do Santiso, Luou (Teo). Máis información aquí e aquí.

Xosé A. Neira Cruz coordina un curso de creatividade literaria

25 abril 2007

Baixo o título “A maxia das palabras II. Viaxes literarias”, o escritor Xosé A. Neira Cruz coordinará un curso de creatividade literaria no Macuf (Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa). Será os días 8, 15 y 22 de maio de 2007, de 19:30 a 21:00 horas.

Presentación de “Punver”, de Yolanda Castaño

25 abril 2007

Ver nota anterior.

Presentación de “Dun tempo e dun país”, de Manuel Caamaño

24 abril 2007

O venres 27 de abril, ás 20:30 h., na Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia preséntase Dun tempo e dun país, do escritor Manuel Caamaño Suárez. O acto contará coa participación do autor, de Xosé Manuel Beiras Torrado e de Pedro García Vidal. Tamén será presentado o número 24 do suplemento cultural A voz de Barbantia.

Premio Concepción Arenal 2008