Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Conferencia de Pilar G. Negro sobre María Mariño

23 abril 2007

O martes 24 de abril terá lugar na A. C. Alexandre Bóveda unha conferencia de Pilar G. Negro sobre a figura de María Mariño. Presenta o acto Carmén Fernández Pérez-Sanjulián. Será ás 20:30 horas.

“Palabra e acción”, de Roberto Pascual

23 abril 2007

Roberto Pascual Rodríguez publica Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego, con que pretende fornecer unha “chave que abra a porta do mesto mundo escénico e vivencial de Manuel Lourenzo”. Editorial TrisTram.

Conferencia de Pilar Allegue Aguete sobre Concepción Arenal

20 abril 2007

Terá lugar o luns 23 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. Esta intervención pertence ao Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia que, baixo o título “As mulleres na cultura galega”, organizou a Sección de Literatura do Liceo de Ourense.

Actos do “Premi Born de Teatre”

20 abril 2007

O día 21 de abril, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Dramático Galego (Rúa Nova, 34 – Santiago de Compostela), terá lugar a presentación das bases do XXXII Premi Born de teatro.

A xornada tamén albergará a presentación da edición de Origami, obra gañadora do Premi Born de Teatre 2006. Contará coa participación de Carlos Be (autor), Pepe Henríquez (redactor “en Cap” da revista Primer Acto), Antón Lamapereira (Director da RGT) e Raúl Dans, dramaturgo e gañador do Premi Born de Teatre 1997. (Premi Born de Teatre)

 

Presentación de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

20 abril 2007

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada no Auditorio da Casa da Cultura Ramón Martínez López, en Boiro, o sábado 21 de abril ás 20:00 horas. No acto intervirán o concelleiro de cultura de Boiro, Xerardo Piñeiro, o escritor e membro da Fundación Castelao, David Otero, o alcalde de Boiro, Xosé Deira, e o propio autor.

Presentación d’ “Os ríos pasan cheos de Deus”, de Victorino Pérez

20 abril 2007

O libro Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía relixiosa en galego, de Victorino Pérez Prieto, será presentado n’ A Coruña o 4 de Maio (20:00 horas) no salón de “Portas Ártabras”, R/ Sinagoga 22 (tras da ábsida da Colexiata de Santa María) . Intervirán, entre outras persoas, a escritora Luz Pozo (da Real Aacademia Galega) e o autor.

VIº Premio de Poesía Caixanova

20 abril 2007

Para este premio é preciso enviar 600 versos antes do 31 de outubro de 2007. Poden consultarse as bases na páxina web de Caixanova.

Premio Otero Pedrayo 2007

20 abril 2007

Bases.

IIIº Premio Valle Inclán de ensaio

20 abril 2007

Bases.

VIIIº Premio de poesía Díaz Jácome

20 abril 2007

Bases.

XVº Certame de investigación lingüística e literaria “Carvalho Calero”

20 abril 2007

Bases.

XVº Certame de narración curta “Carvalho Calero”

20 abril 2007

Bases.

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería