Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Iª Festa da narración oral, en Arca - O Pino

31 Maio 2007

A Iª Festa da Narración Oral celebrarase en Arca - O Pino (A Coruña) o sábado 7 de xullo de 2007. Está aberto o prazo de inscrición (consultar aquí). Na Festa haberá actividades de formación de educadores e educadoras (previa inscrición). Haberá tamén actividades abertas ao público de todas as idades, incluída a de contar contos (gratuíta, previa inscripción tamén).
Durante a xornada intervirán, entre outros/as: Carlos Blanco, Cándido Pazó, Miguel de Lira, Pepe Penabade, Paula Carballeira, Iolanda Aldrei, Pepa Yáñez, Xabier P. Docampo, Ugia Pedreira e o ilustrador Xosé Cobas.

“Cultura e artes do Portugal contemporâneo”: curso en Compostela

31 Maio 2007

Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões - Galiza)

Presentación do libro colectivo “Dez por dez” en Compostela

31 Maio 2007

O sábado 9 de xuño, ás 20:00 horas, presentarase o libro colectivo Dez por dez (Abrente Editora) no Centro Social Henriqueta Outeiro (Rúa Quiroga Palácios, 42, baixo, Compostela). Contarase coa participación da e dos autores: Artur Alonso Novelhe, Suso Bahamonde, Maria Lado, Igor Lugris, Kiko Neves, Carlos Quiroga, Baldo Ramos, Concha Rousia, Sechu Sende e Ramiro Vidal.

Lois Diéguez presenta “O canto do muecín” n’A Coruña

31 Maio 2007

O canto do muecín, novela de Lois Diéguez editada na colección Central Literaria de Edicións A Nosa Terra, presentarase na Coruña o día 14 de xuño ás 20:30 horas en “Portas Ártabras” (Rúa Sinagoga, 22). Desde as 18:30 horas o autor estará no mesmo lugar para a asinatura de libros. Organizan a A.C. Alexandre Bóveda e os Amigos dos Museos de Galicia.

VIIIº Edición dos Relatos de Verán: Relatos dos Lectores

30 Maio 2007

Desde o 15 de xuño até o 15 de xullo. En rigor é un concurso para a edición de relatos. Poden consultarse as bases na páxina principal do xornal La Voz de Galicia.

IIIº Premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas

30 Maio 2007

Bases.

XLIXº Premio Fernández Latorre

30 Maio 2007

Até o 25 de xuño para traballos xornalísticos publicados en cualquera medio de comunicación entre o 6 de maio do 2006 e o 6 de xuño de 2007. Bases.

XIXº Premio de narrativa “Torrente Ballester”: até o 1 de xullo

30 Maio 2007

O próximo 1 de xullo finaliza o prazo para a recepción de orixinais do XIXº Premio de narrativa “Torrente Ballester”; organizado pola Diputación d’ A Coruña, conta cun premio de 25.000,00 € para alén da publicación da obra. Poden consultarse na páxina da Diputación as bases do premio e a composición do xurado.

Asinado convenio entre a AELG e o Consello da Cultura Galega

30 Maio 2007

O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) asinaron onte un protocolo de colaboración institucional no que se comprometen a fomentar a creación de literatura na lingua do país e a difundir o seu coñecemento dentro e fóra das fronteiras autonómicas.

Os presidentes de ambas as dúas institucións, Cesáreo Sánchez Iglesias, da AELG, e Ramón Villares, do Consello da Cultura, asinaron onte en Santiago este documento, no que plasman os mecanismos polos que colaborarán nun futuro para “fomentar o intercambio de experiencias no ámbito da escrita, a docencia da escrita literaria ou científica, histórica, etc., a investigación e a promoción cultural”.

Entre outras cousas, o CCG e a AELG colaborarán na organización dunha serie de xornadas de debate sobre os textos de creación literaria, crítica e científica en galego, no deseño de obradoiros literarios destinados á sociedade galega, así como en actividades para vencellar as letras galegas e outras literaturas do mundo. Ao mesmo tempo, as entidades colaborarán na consolidación das súas respectivas webs, co establecemento de relacións de comunicación e de servizos destinados ó público. (AELG)

Presentación de “Haikús da Costa da morte”, de Alfonso Armada e Antón Patiño

29 Maio 2007

O venres 1 de xuño terá lugar ás 20:30 horas a presentación por parte de Juan Manuel Bonet do cartafol de gravados e poemas Haikús da Costa da morte, de Alfonso Armada e Antón Patiño, na Galería Antonio Machón (C/ Conde de Xiquena, 8, Madrid). O acto coincide coa mostra actual de Antón Patiño “Memoria líquida”, que se exhibe na Galería Antonio Machón até o día 7 de xuño de 2007.

Premio Concepción Arenal 2008