Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Escritores de todo o Estado apoian unha nova ruta do Camiño de Santiago desde Valencia

29 Xuño 2007

“Narradores como Martín Garzo ou Ramón Pernas viaxarán no veleiro «Mir» ata Vilagarcía. A Xunta quere que o traxecto, que se cubrirá en agosto, se sume aos sete camiños existentes.” (La Voz de Galicia)

O galego é a primeira lingua do estado cun corrector gramatical libre

29 Xuño 2007

“O Golfiño, aínda en versión beta, completa as aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. Máis de 45.000 galegos contan xa co OpenOffice.org, posto á súa disposición a través da iniciativa de promoción do software libre da Consellería de Innovación e Industria, Mancomun.org.
O Golfiño é un prototipo, que se poñerá a disposición da comunidade para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa. Podedes descargalo para Windows, Mac OS ou GNU/Linux. Tamén está dispoñible un breve FAQ coas principais características do corrector.” (Mancomun.org)

XXI Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro”

29 Xuño 2007

Antes do 15 de outubro. Aquí as bases.

IVº Certame de narrativa “Rosa Reboredo”

29 Xuño 2007

Antes do 15 de outubro. Aquí as bases.

Vº Premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol

29 Xuño 2007

Antes do 31 de xullo. Na web do Concello de Ferrol poden consultarse as bases.

XXXIII Certame literario do Concello de Vilalba

28 Xuño 2007

O prazo de admisión de orixinais remata o 21 de xullo. Na web do Concello poden consultarse as bases.

Andrés Pociña presenta en Compostela “Tecer con palabras”

28 Xuño 2007

A presentación do libro Tecer con palabras, de Andrés Pociña, terá lugar o 28 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos Grupo Correo Gallego, en Santiago. (El Correo Gallego)

Premios de novela San Clemente: Reimóndez, Molina Fox e Murakami

28 Xuño 2007

Mar�a Reimóndez“A novela gañadora en lingua galega é O club da calceta (Xerais). Era finalista con Spam , de Francisco Castro, e Tres segundos de memoria, de Diego Ameixeiras, e alzouse co premio por oito dos dez votos do xurado.” (La Voz de Galicia)

Lois Diéguez presenta en Ribadeo “O canto do muecín”

28 Xuño 2007

Será o 28 de xuño ás 21:00 horas na Casa das Letras de Ribadeo. Organizao acto a Asociación Cultural Francisco Lanza.

Lucía Aldao, María Lado e Suso Pensado recitarán n’ A Coruña

28 Xuño 2007

(Ver anotación anterior)

Premio Concepción Arenal 2008