Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

A FNAC abre n’ A Coruña a primeira tenda

19 xuño 2007

“A distribuidora francesa de cultura, ocio e tecnoloxía Fnac abrirá hoxe na Coruña a súa primeira tenda en Galicia. A cantante de Madredeus, Teresa Salgueiro, e o autor multimedia Antón Reixa apadriñarán a inauguración do local, situado na praza de Lugo.” (Galicia Hoxe)

Axudas á edición de grandes proxectos en galego

19 xuño 2007

(Consellaría de Cultura)

Novo sitio web da Rede de bibliotecas de Galiza

19 xuño 2007

(Consellería de Cultura)

Posta en valor das casas de autores e autoras

19 xuño 2007

(Consellería de Cultura)

30 Millóns para o fomento da lectura

19 xuño 2007

(Xeración Web)

“Máster en lingua e usos profesionais”, na Universidade da Coruña

19 xuño 2007

“O Máster en lingua e usos profesionais forma parte do programa oficial de posgrao Lingua e usos profesionais da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Cursar o máster completo conduce á obtención do título oficial de “Máster en lingua e usos profesionais” na especialidade escollida (español, galego ou inglés). Este título, novo e único en todo o sistema universitario galego, ten validez en toda a Unión Europea. [...] Porque o mercado laboral demanda persoas cunha alta cualificación lingüística que saiban actuar en entornos multidisciplinares, posúan habilidades comunicativas, coñezan e manexen linguaxes específicas, dominen o entorno virtual e as novas tecnoloxías, saiban xestionar e organizar a información e poidan crear contidos para calquera medio ou soporte.” (Facultade de Filoloxía - Universidade da Coruña)

Yolanda Castaño acudirá ao XIIIº Festival Internacional de Poesía de Xénova

18 xuño 2007

Yolanda Castaño acudirá ao XIIIº Festival Internacional de Poesía de Xénova como única representante do estado español, despois de ser convidada a través do Ministerio de Cultura. “Novos formatos para a difusión da poesía, proxectos interdisciplinares e xéneros híbridos. Dende o hip-hop ás homenaxes poéticas a Rumi, a Rimbaud, a Ginsberg, a Bukowski ou a Jim Morrison, roteiros poéticos e concertos. En consonancia con todo isto, Yolanda Castaño ofrecerá, o martes 19, un pequeno espectáculo poético, recitando textos sobre bases musicais pregravadas e proxectando varias pezas de videopoesía das que é autora. Ademáis, sen abandonar o norte de Italia, o xoves 23 a santiaguesa-coruñesa ofrecerá outra actuación no Instituto Cervantes de Milán.”

Conferencias de Ignacio Ramonet e Ramón Chao en Redondela e Lugo

18 xuño 2007

Redondela (no Multiusos da Xunqueira) o xoves 21 e Lugo (no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, Pza. de Santa María) o venres 22, serán os escenarios nos que Ignacio Ramonet e Ramón Chao falen sobre “A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos” e máis sobre “A guerra contra os pobres”, en conferencia conxunta. Será dentro do ciclo “Os latexos do mundo”, levado a cabo neste primeiro semestre do ano polo Club Internacional de Prensa coa colaboración de Le Monde Diplomatique.

Viaxe literaria á Lóuzara de Fiz Vergara

15 xuño 2007

A viaxe literaria á Lóuzara de Fiz Vergara, no día 16 de xuño, completarase coa actuación de musical de Uxía na Fonte da Cova, xunto ao vello muíño. Neste mesmo lugar terá lugar un recital de poemas do Fiz aos que poñerán voz, entre outros: Isidro Novo, Marica Campo, Xosé Manuel Beiras, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras, Valentín Arias, e Margarita Ledo.

Presentación n’ A Coruña de “Punver”, de Yolanda Castaño

15 xuño 2007

Mañá sábado día 16, ás 12:30, preséntase Punver, o último libro da escritora Yolanda Castaño. Será na Biblioteca Municipal Infantil Xuvenil (r/ Durán Loriga, 10 – baixo), “nun acto aberto a todo o público interesado, en especial aos máis pequenos, a partir de 3 anos. A actividade está pensada coma un contacontos moi participativo a cargo de Yolanda Castaño, seguido dun obradoiro de pintura no que os nenos e nenas poderán gozar con Punver da man do ilustrador Eduardo Hermida.”

Presentación n’ A Coruña de “Facer Merzbau non ou posible”, de Estevo e David Creus

15 xuño 2007

Este venres 15 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos d’ A Coruña () a presentación de Facer Merzbau non ou posible (”libro+dvd+autocolantes”), de Estevo de David Creus. A presentación incluirá un recital-performance a cargo destes dous irmáns ceenses.

“alimentARTE. Encuentro artístico literario y gastronómico”, en Ponferrada

15 xuño 2007

A galeria de arte Dosmilvacas. a r t e (Avda. de Astorga, nº 7 bajo, Ponferrada) inaugura este venres 15 de xuño ás 21:30 horas a mostra colectiva “alimentARTE. Encuentro artístico literario y gastronómico”. Participan nela preto de 30 artistas e ofrece unha visión ampla e diversa das relacións entre o mundo da arte, a literatura e a gastronomía.

Teresa Moure gaña o XIIIº Premio Rafael Dieste

14 xuño 2007

(Vieiros)

Iolanda Fernández gaña o Vº Premio de Xornalismo Científico

14 xuño 2007

(Vieiros)

Visite o stand nº 38 no Cultural

Galería