Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Saramago crea unha fundación que defenderá os dereitos humanos

17 xullo 2007

(La Voz de Galicia)

Camilo Franco lerá o pregón na XXIIIª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

17 xullo 2007

(Xeración Web)

Alberte Momán ofrece na rede “O alento da musa”

16 xullo 2007

A obra narrativa O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas), de Alberte Momán, é ofrecida na rede xunto co caderno de poesía Déixanse levar. (O alento da musa)

María Lado divulga na rede o seu poemario “Berlín”

16 xullo 2007

Pode baixarse o poemario Berlín de María Lado recitado pola propia autora e musicado por Fanny+Alexander en mp3 (26 MB) ou en formato PDF premendo aqui. (A regueifa plataforma)

Carmen Caffarel, nova presidenta do Instituto Cervantes

13 xullo 2007

(La Opinión)

Francisco Castro gaña o XIXº Premio Manuel García Barros

13 xullo 2007

“O galardón, convocado polo concello de Estrada, inclúe a publicación da obra na editorial Galaxia, algo que, segundo o vigués, se producirá en novembro. Logo de gañar o Premio Blanco Amor con Spam o ano pasado, Castro regresa a un estilo narrativo “orixinal e tecnicamente esixente”, como o valorou o xurado para o que “a ficción acada a tensión e a forza necesarias para construír un universo que quebra o convencional, nunha proposta novidosa de novela histórica, alén das fronteiras xenéricas. [...] En As palabras da néboa, que o escritor vigués presentou baixo o lema “O Señor do Outeiro”, Francisco Castro fai unha “reflexión sobre a liberdade” con tres protagonistas, dous homes e unha muller, que se ven obrigados a “compartir un presente común cando en realidade querían ter un futuro diferente”, sinala.” (Galicia-Hoxe.com)

Concha Blanco gaña o VIIº Premio de Novela por Entregas de La Voz

13 xullo 2007

“É unha historia de intriga, pesadelos e aparicións repartidas por 31 entregas breves a xeito de capítulo. Habitación 202 é a novela gañadora da sétima edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Concha Blanco é a autora desta historia que aparecerá ao longo de todo o mes de agosto nas páxinas de La Voz de Galicia.[...] Nesta ocasión a novela e a súa peculiar adaptación ás entregas diarias ten a un xornalista novo como protagonista. O rapaz, recente licenciado, comeza a padecer algúns pesadelos e unhas aparicións recorrentes que o levan a facer unha indagación sobre o seu pasado, un pasado que ten polo medio unha adopción, unha familia nova e coa que é foi feliz ata a desaparición dos seus pais adoptivos. ” (La Voz de Galicia)

Miguel Anxo Fernán-Vello e Yolanda Castaño nas ‘Veladas Poéticas’ de Santander

12 xullo 2007

(El Diario Montañés)

Igor Lugris participará nun encontro de artistas en Lombillo

12 xullo 2007

“E assim, entre os dias 17 a 21 de Julho, 11 pessoas, das quais 6 som pintores/as (3 homens e 3 mulheres) e outras cinco, pessoas que participaram no encontro desde a videocreaçom, a fotografia, a poesia e a performance, conviviremos, comeremos, beberemos, falaremos e trabalharemos em Lombilho.
Das cinco pessoas que nom nos dedicaremos à pintura, quatro (Roberto Sanz, Federico Ariel, Reme Remédios e um servidor), trabalharemos individualmente e em conjunto para criar umha obra colectiva.” (Ovnis e isoglossas)

2,6 M€ En fondos bibliográficos para as bibliotecas

11 xullo 2007

(Xornal.com)

Zadie Smith gaña o Vº premio “Novela Europea Casino de Santiago”

11 xullo 2007

Entre as novelas finalistas no concurso, dotado con 3.000 euros, estaban Os libros arden mal, de Manuel Rivas, ademais doutras de Claudio Madris, Daniel Kehlmann, Vargas Llosa e Laurent Gaudé. (Terra)

Morre en México o fundador das Mocedades Galeguistas e promotor da revista Vieiros

10 xullo 2007

Elixio Rodríguez (Bande, 1910- México, 2007) finou onte en México aos 96 anos. Foi o fundador das Mocedades Galeguistas e un dos artífices de diferentes publicacións intelectuais, entre elas, a coñecida revista Vieiros.” (culturagalega.org)

Xavier Queipo será un dos poetas oficiais da cidade de Bruxelas

10 xullo 2007

“O escritor compostelán afincado en Bruxelas Xavier Queipo é un dos elixidos para representar a poesía urbana da cidade belga dentro do festival da comunidade flamenga, Gulden Ontsporing, que comezará o vindeiro 11 de xullo. Queipo é un dos catro poetas de diversas linguaxes e culturas seleccionado para formar parte dun colectivo de poesía urbana representativo desta cidade no que tamén están un flamengo, un francés e un marroquí. Este colectivo de poetas urbanos multicultural fará cinco recitais ao ano comezando este 11 de xullo, cando lerán en público na institución cultural de Buren os seus poemas, entre os que haberá un creado para a ocasión.” (culturagalega.org)

Eduardo Estévez na Galería Sagadelos d’ A Coruña

09 xullo 2007

O martes 10 de xullo, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Eduardo Estévez nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.

Visite o stand nº 38 no Cultural

Galería