Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Igor Lugris participará nun encontro de artistas en Lombillo

12 xullo 2007

“E assim, entre os dias 17 a 21 de Julho, 11 pessoas, das quais 6 som pintores/as (3 homens e 3 mulheres) e outras cinco, pessoas que participaram no encontro desde a videocreaçom, a fotografia, a poesia e a performance, conviviremos, comeremos, beberemos, falaremos e trabalharemos em Lombilho.
Das cinco pessoas que nom nos dedicaremos à pintura, quatro (Roberto Sanz, Federico Ariel, Reme Remédios e um servidor), trabalharemos individualmente e em conjunto para criar umha obra colectiva.” (Ovnis e isoglossas)

2,6 M€ En fondos bibliográficos para as bibliotecas

11 xullo 2007

(Xornal.com)

Zadie Smith gaña o Vº premio “Novela Europea Casino de Santiago”

11 xullo 2007

Entre as novelas finalistas no concurso, dotado con 3.000 euros, estaban Os libros arden mal, de Manuel Rivas, ademais doutras de Claudio Madris, Daniel Kehlmann, Vargas Llosa e Laurent Gaudé. (Terra)

Morre en México o fundador das Mocedades Galeguistas e promotor da revista Vieiros

10 xullo 2007

Elixio Rodríguez (Bande, 1910- México, 2007) finou onte en México aos 96 anos. Foi o fundador das Mocedades Galeguistas e un dos artífices de diferentes publicacións intelectuais, entre elas, a coñecida revista Vieiros.” (culturagalega.org)

Xavier Queipo será un dos poetas oficiais da cidade de Bruxelas

10 xullo 2007

“O escritor compostelán afincado en Bruxelas Xavier Queipo é un dos elixidos para representar a poesía urbana da cidade belga dentro do festival da comunidade flamenga, Gulden Ontsporing, que comezará o vindeiro 11 de xullo. Queipo é un dos catro poetas de diversas linguaxes e culturas seleccionado para formar parte dun colectivo de poesía urbana representativo desta cidade no que tamén están un flamengo, un francés e un marroquí. Este colectivo de poetas urbanos multicultural fará cinco recitais ao ano comezando este 11 de xullo, cando lerán en público na institución cultural de Buren os seus poemas, entre os que haberá un creado para a ocasión.” (culturagalega.org)

Eduardo Estévez na Galería Sagadelos d’ A Coruña

09 xullo 2007

O martes 10 de xullo, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Eduardo Estévez nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.

César Antonio Molina, novo Ministro de Cultura

06 xullo 2007

(culturagalega.org)

A AELG entrega a súa “Letra E” ao dramaturgo Manuel Lourenzo

06 xullo 2007

“Os actos de homenaxe, que nos levarán a este val da Mariña de Lugo, terán lugar o domingo 8 de xullo, a partir das 11:30 da mañá e conforme o programa de actos que se pode ver aquí. [...] A filosofía da homenaxe é a de honrar escritores e escritoras cunha dilatada carreira literaria que suscite o consenso de todos en canto á súa valía. Quere ser unha homenaxe que goce da presenza do homenaxeado/a contando coa súa implicación persoal durante a organización. Busca tamén a complicidade dos veciños e autoridades locais da que o escritor/a considera a súa terra, neste caso o Val do Valadouro, que abarca os concellos de Alfoz e O Valadouro.” (AELG)

A Nosa Terra celebra o seu primeiro centenario

06 xullo 2007

“Tres exposicións e a edición dun libro conmemoran o primeiro centenario do nacemento da publicación A Nosa Terra. O delegado de edición, Xosé Fernández Puga, e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co que pretenden facer un percorrido polos cen anos desta cabeceira.” (Xeración Web)

“Política en galego dise pacto”, de Bieito Rubido, presentarase no Ámbito Cultural de El Corte Inglés

06 xullo 2007

O libro Política en galego dise pacto, de Bieito Rubido, será presentado no Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Será:
-N’ A Coruña o venres 6 de xullo, ás 20:00 horas. Intervirán Mar Barcón, Enrique Tello e Carlos Negreira, ademais do autor.
-En Santiago o luns 9 de xullo, ás 20:00 horas. Intervirán Marta Álvarez-Santullano, Néstor Rego e Xerardo Conde Roa, ademais do autor.

Presentación en Compostela do “Catálogo de literatura infantil e xuvenil” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez

05 xullo 2007

O martes 10 de xullo, ás 12:30 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural O Ensanche (Frey Rosendo Salvado, 14-16 baixo, Santiago de Compostela), terá lugar o acto de presentación do Catálogo de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. (GÁLIX)

Manuel Rivas e o colectivo Polaqia estarán n’ A Coruña

05 xullo 2007

(Xornal.com)

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería