Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

X. Henrique Rivadulla “Corcón” na Galería Sargadelos d’ A Coruña

31 Agosto 2007

O martes 4 de setembro, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de X. Henrique Rivadulla “Corcón” nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.

Manuel Lourenzo recibirá o Premio Celanova, Casa dos Poetas

30 Agosto 2007

«O escritor Henrique Rabuñal fará a laudatio de Manuel Lourenzo durante os actos de entrega a este do Premio Celanova, Casa dos Poetas que terán lugar en Celanova o 2 de setembro organizados pola Fundación Curros Enríquez que preside Antonio Mouriño Villar. Ese día farase unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro e a Curros Enríquez en cuxa Casa, en concreto na Horta da Palabra, terá lugar un xantar co premiado.»

Caixa Galicia abandona o patrocinio dos premios Esquío

29 Agosto 2007

A Fundación Caixa Galicia retira o seu apoio á Sociedad Valle Inclán para a organización dos premios Esquío de poesía. «Caixa Galicia financiou os premios Esquío desde a súa primera edición, no ano 1981. O certame consta de dúas categorías, en lingua castelá e galega, cada unha das cais está dotada con 9.000 euros. Instituíronse ademais, poucos anos despois da primeira convocatoria, un accésit de 1.500 euros en cada un dos apartados.» (Diario de Ferrol)

XXI Festival da poesía no Condado

29 Agosto 2007

«PROGRAMA DO XXI FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

Do 30 de agosto ao 1 de setembro 2007. Salvaterra de Minho.

30 de Agosto
19:30
Abertura de Exposiçons (Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE)
Pintura: Delia Rodríguez, Erica T. Fresco, Cora Vidal, Clara Salamanca Fernández, Sarai Fernández Márquez
Projecçom: Reportagem do fotógrafo Alberto Prieto.
Video-poemas: Lara Bacelo, Maria Lado, Davide e Estevo Creus, Ledicia Costas, Dani Raatzke e Cuco Pino.
Fotografia: O barco da memoria
Exposiçom: Sobre o periódico “A Voz do Condado” (1977-1979)

20:30
Projecçom de Audiovisuais (COVAS DE DONA URRACA) A Casa de Lola de Andrés (Olaia Sendón, 2006), Curtas premiadas no festival de Cans.

22:30
Noite portuguesa (Covas de Dona Urraca): Filipa Pais. Aforo limitado, entrada 10 €. Ao remate tentempé de meia-noite.

31 de Agosto
20:30
Projecçom de Audiovisuais (COVAS DE DONA URRACA): Bs.As. (Alberte Pagán, 2006), Curtas premiadas no festival de Cans.

22:30
Festa Jovem (ZONA DAS MURALHAS), apresenta Carlos Santiago: Galegoz (Galiza), Boom Club (ex-Spook & the Guay) (França), Peste & Sida (Portugal), Obrint Pas (Països Cataláns).

1 de Setembro
11:00
Marcha popular: Charanga, Murga Os 6 do Condado, Gaiteiros Bailía.
Concerto da Banda de música de Salvaterra.
Feira Popular
Artesanato: cesteiros, zapateiros, cabaqueiros, instrumentos tradicionais…

16:00
Festa infantil (Praça do castelo): Troula Animación (zancudos, animaçom de rua…)
Obradoiros: maquilhagem, globoflexia, barro…
Comboio de baixa velocidade.
Ultraligeiros: Clube Meteoro.

19:30
Festival Poético-Musical (Zona das muralhas), apresentado por Miguel de Lira e membros de Chévere.
Poetas: Marica Campo, Celso F. Sanmartín, Roi Vidal, Daniel Salgado, Manuel Outeiriño, Raida Rodríguez, Koki, Ana Romaní, Lucía Novas, Celso Álvarez Caccamo, Pedro António Ribeiro (Portugal), Delmar Maia Gonçalves (Moçambique), Xabi Borda (Euskal Herria), Jon Benito (Euskal Herria), Pau Gener Galin (Països Cataláns).
Grupos musicais: Xarin (Galiteiros do Íncio), Marful (jazz-band, Galiza), Mercado Negro (reggae· Portugal), Dany Silva (Cabo Verde).

Serviços: zona de campismo, transportes gratuítos, etc.». Máis información na páxina do Festival.

María Goretti Fandiño gaña o XXXIII Premio de poesía Concello de Vilalba

28 Agosto 2007

Segundo fontes do propio Concello de Vilalba, o primeiro premio foi concedido a María Goretti Fandiño Caamaño, de Vilagarcía de Arousa. O segundo premio será para Xosé Otero Canto, de Ponte Outeiro (Castro de Rei).

Adolfo Caamaño gaña o II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro

28 Agosto 2007

«O xurado presidido por Eulogio Fernández Sampayo reunido o 23 de agosto decide “conceder o premio deste II Certame de Novela Curta do Concello do Valadouro a Don Adolfo Caamaño Vázquez, de Pontevedra, baixo o pseudónimo “HANKO”, coa súa obra Un Vulto Suspeitoso, pola introducción efectuada, pola maneira de construir unha historia sobre a base dun tema cotiá como o alcoholismo, polas referencias literarias e históricas así como pola mezcla dun vocabulario, duro propio do tema a tratar, cun léxico culto e logrado así como as estructuras sintácticas logradas”». (Revista Búsola)

Presentación n’ A Guarda de “Ratas en Manhattan”, de Francisco Álvarez-Koki

27 Agosto 2007

O libro de relatos Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez-Koki (Sotelo Blanco Edicións) será presentado o 30 de agosto ás 19:00 horas na casa da cultura d’ A Guarda. Falarán do libro Ánxela Gracián, Ramón Caride e o propio autor.

XI Premio de teatro Josep Robrenyo

27 Agosto 2007

A Associació d’ investigació i experimentació teatral (AIET) convoca o XI Premio de Teatro «Josep Robrenyo». Até final de febreiro en catalán, galego, éuscaro e castelán. As bases poden consultarse aquí. Mais información na web da AIET.

Obras do Centro Ramón Piñeiro accesíbeis desde a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

24 Agosto 2007

(Faro de Vigo.es)

Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Vidal Villaverde, Manuel Outeiriño, e Xosé Viale Moutinho recitarán en Celanova

24 Agosto 2007

Mural do FurrioloO domingo 26 de agosto, ás 12:00 horas no Alto do Furriolo (A Bola), terá lugar o acto poético e musical de homenaxe ás vitimas da represión franquista, con especial lembranza de Elixio Rodríguez e César Álvarez e inauguración da segunda fase do Mural do Furriolo.
Neste acto van falar Anxo Quintana (vicepresidente da Xunta de Galicia), Xosé Vizoso (deseñador do monumento ás vítimas da represión franquista no Furriolo), Eudosio Álvarez (neto de César Álvarez), un representante da familia de Elixio Rodríguez e Aser Álvarez, presidente da Asociación Arraianos.
A continuación haberá un recital poético que vai contar coa intervención de Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Vidal Villaverde, Manuel Outeiriño, e Xosé Viale Moutinho. (Asociación Arraianos)

Premio Concepción Arenal 2008