Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Xosé María Álvarez Blázquez en Galaxia

«Editorial Galaxia publicará nos próximos meses unha biografía e unha antoloxía poética de Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén recuperaremos, na colección DOMBATE, a súa obra máis significativa, Canle segredo, e varios inéditos do autor, entre eles a súa narrativa galega completa. [...] Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta tamén, fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, está a preparar unha Memoria do pai, na liña da súa exitosa Memoria de poeta (colección MEMORIA), e anotará a edición de Canle segredo, libro publicado en 1976 e escrito vinte anos antes (recibira o Premio do Centro Galego de Buenos Aires en 1954). Fixará definitivamente o texto o tamén poeta Rodríguez Baixeras.»

Comments Off

Premio Concepción Arenal 2008