Xosé Neira Vilas e César Antonio Molina na Feira do libro d’ A Coruña
08 Agosto 2007
Ás 18:30 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros na caseta de secretaría.
Ás 19:30 terá lugara presentación do poemario Eume, de César Antonio Molina, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Luis García Soto (filósofo e profesor da USC), Antón Patiño (pintor), Manolo Vilariño (fotógrafo) e o director xeral da editorial Víctor Freixanes.
«O Consello de Ministros, a proposta do titular de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, aprobou un Real Decreto polo que se crea o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais. É unha iniciativa destinada a asegurar que os cidadáns das comunidades autónomas con lingua oficial propia poidan exercer de xeito pleno o seu dereito a dirixirse á Administración Xeral do Estado en devandita lingua, nos termos que establecen as leis. Así, os cidadáns galegos poderán empregar o galego como vehículo de comunicación cos diferentes órganos da Administración central.» (
«Xelís de Toro e o seu grupo artístico Rough Company presentan o mércores [8 de agosto] na galería 

