Carlos G. Meixide disposto a conversar en Carballo
26 outubro 2007
O actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor do libro O home inédito, ofrécese para a conversa no Café Colón de Carballo, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o martes 30 de outubro ás 21:00 horas (atención: novos día e hora).


Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. A súa edición a cargo de Edicións Xerais por convenio co IGAEM resultou merecente do Premio Nacional de Literatura na modalidade de Literatura Dramática por parte dun xurado composto por trece persoas entre as que está, pola Real Academia Galega, Rosario Álvarez Blanco. Segundo a recensión de Inma López Silva sobre esta obra, “Rubén Ruibal amósasenos aquí coma un autor de talento que constrúe unha obra de estrutura cinematográfica, constituída por escenas que desenvolven un argumento ben dosificado”. (
“A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Pura e Dora Vázquez xa ten gañador: o escritor Miro Villar. E unha finalista, Concha Blanco. Ambos de Cee, coa obra Os poderes máxicos de Aitema.



