Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Os editores non son optimistas

31 Decembro 2007

(La Voz de Galicia)

Anuario 2008 de culturagalega.org: 48 notas sobre literatura

28 Decembro 2007

(culturagalega.org)

AELG xestiona a entrega á RAG de documentos literarios dos socios

27 Decembro 2007

Recollemos do Blogomillo un vídeo sobre un acto anteriormente anunciado nesta Axenda Cultural (vía O levantador de minas).

Luz Pozo recibe o Premio Letras de Bretaña

26 Decembro 2007

«Luz Pozo acaba de incorporar ou premio Letras de Bretaña á longa lista de distincións. A poeta, que pide un pouco de distancia para valorar a altura na que se encontra a lírica galega de hoxe, asegura que cre nese mito dá Galicia celta.» (La Voz de Galicia)

Carlos Lema gaña o XI Premio Johan Carballeira

26 Decembro 2007

«O xeito de Freud é o título deste libro que o xurado do galardón convocado polo Concello de Bueu –Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto– elixiron por unanimidade despois de caer engaiolados “pola solidez da súa construción” e a súa “complexa elaboración”, así como pola “riqueza que establece no diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo”.» (Galicia Hoxe)

X certame de narración curta Ánxel Fole

26 Decembro 2007

Até o 28 de decembro de 2007. Información.

XI Certame de poesía “Concello de Carral”

24 Decembro 2007

Antes do 15 de marzo de 2008. Bases.

Riveiro Coello finalista do Premio de Narrativa Europea Casino de Santiago

21 Decembro 2007

Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello, «compite con outros catro títulos, entre eles o premio Alfaguara Mira se eu che quererei, de Luís Leante, que se ambienta no Sáhara e mais en Barcelona. Os outros tres títulos son a Rolda nocturna, da inglesa Sarah Waters, cunha orixinal estrutura cronolóxica invertida, situada no Londres dos bombardeos nazis e narrada a través das voces de catro personaxes; O regreso, do alemán Bernhard Schlink, e A elegancia do ourizo, da francesa Muriel Barbery, unha historia de rancor social.» (A Nosa Terra)

María López Sánchez gaña o VII Premio Ramón Piñeiro

21 Decembro 2007

«A obra Paisaxe e nación: A creación discursiva do territorio, da que é autora María López Sánchez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007, que organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa.» (Galicia Hoxe)

II Certame de Recolla da Tradición Oral

20 Decembro 2007

Os centros educativos interesados deberán presentar os traballos antes do 1 de maio de 2008. Información escribindo aquí: info@opatrimonio.org

Premio Concepción Arenal 2008