Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Ditame do I Concurso de Podcast da AS-PG

31 Xaneiro 2008

«O I Concurso de Podcast xa ten gañador. Trátase dunha lectura declamada do poema de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes” con fondos de sons da natureza e Adagio de Samuel Barber. O traballo premiado pódese escoitar na sección Podcast Educativo do portal da AS-PG.» (AS-PG)

Letras de Galicia a Cuba

31 Xaneiro 2008

«[…] Coa intención de que galegos e cubanos retomen o contacto epistolar que houbo tradicionalmente entre ambas as dúas beiras, a CRTVG proponlles aos galegos que lles escriban “unhas letras” aos cubanos, nos días previos á Feira do Libro de La Habana. As mensaxes deben ser breves, de non máis de 160 caracteres, estar escritas en galego e ter vontade literaria. Os participantes poden deixar os seus microrrelatos na web do concurso (http://www.crtvg.es/Galiciaahabana). […]» (Compañía de Radio Televisión de Galicia)

Presentación en Vigo de Nos dominios da incerteza. Historias económicas, de Manolo Blanco Desar

31 Xaneiro 2008

O xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa do libro (Velázquez Moreno, 27) de Vigo, presentarase Nos dominios da incerteza. Historias económicas (Sotelo Blanco Edicións - Col. Medusa Narrativa), de Manolo Blanco Desar. Intervirán Ricardo Beiras (Profesor de ecoloxía mariña) e Ánxela Gracián (directora da colección Medusa Narrativa).

Xesús Constenla presenta en Pontevedra o Libro das Alquimias

30 Xaneiro 2008

Xesús Constenla presenta o día 31, ás 19:00 horas, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a súa primeira novela Libro das Alquimias, que tira do prelo Galaxia.

Cuba: coloquio en conmemoración do centenario da morte de Manuel Curros Enríquez

30 Xaneiro 2008

Baixo o título “A Cien Años de Manuel Curros Enríquez en La Habana 1908-2008”, desenvolverase os días 5, 6 y 7 de Marzo de 2008.
«Manuel Curros Enríquez, una de las figuras más destacadas del “Resurgimiento de las Letras Gallegas”, vivió en Cuba los últimos 14 años de su vida. Vinculado no solo con la colonia gallega de Cuba, sino además, con la sociedad habanera que lo recibió, se destacó por su labor periodística y literaria, muy relacionada con la construcción y defensa de su Galicia.
En homenaje tan ilustre intelectual gallego y en el marco del centenario de su desaparición física el 7 de marzo de 1908, en esta ciudad, la Casa de Altos Estudios Don Fernando Ortiz y la Cátedra de Cultura Gallega le invitan al coloquio “A Cien Años de Manuel Curros Enríquez en La Habana 1908-2008”.
El coloquio funcionará en sesión plenaria, en la Casa de Altos Estudios Don Fernando Ortiz, los días 5, 6 y 7 de Marzo de 2008, entre las 9:00 y las 13:00 horas. La asistencia será libre. Para este efecto o cualquier otra información deberán dirigirse a los organizadores del evento de la Casa de Altos Estudios Don Fernando Ortiz: Janet Iglesias Cruz y Javiher Gutiérrez Forte. Teléfono CAE: 8326842 y 8325874. Correos: janet@ffh.uh.cu ; javiher@ffh.uh.cu
Dirección: calle L Esq. a 27, Vedado, Plaza de la Revolución. C. Habana, Cuba.»

Presentación en Santa Comba de U-49, de Rafael Lema

29 Xaneiro 2008

Rafael Lema presentará a súa última novela U-49 (Edicións Tambre-Edelvives) o día 1 de febreiro na libraría Ler de Santa Comba (A Coruña), ás 20:00 horas.

Constitúese o Consello das Linguas Oficiais do Estado

29 Xaneiro 2008

(Galicia Hoxe)

A Fundación Penzol renóvase

29 Xaneiro 2008

(Vieiros)

Cultura destinará 300.000 euros para a catalogación universal da obra de Castelao

29 Xaneiro 2008

(Consellaría de Cultura e Deporte)

O neno do pixama a raias, de irlandés John Boyne, preséntase na Coruña

29 Xaneiro 2008

A editorial Faktoría K vén de publicar en galego O neno do pixama a raias, o éxito literario do escritor irlandés John Boyne, traducido por Daniel Saavedra, do que se levan vendido millóns de exemplares en todo o mundo. A obra, que forma parte da nova colección Narrativa K, presentarase na FNAC da Coruña este xoves día 31 de xaneiro, ás 19:30 horas.

Premio Concepción Arenal 2008