Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Anxos Sumai en Carballo

29 xaneiro 2008

O Concello de Carballo e o Café Valle Inclán convidan á conversa coa escritora Anxos Sumai, autora de Así nacen as baleas, dentro do proxecto Literactúa de difusión do libro e da lectura en galego en Carballo. Será o mércores 30 de xaneiro ás 20:30 horas no Café Valle Inclán (Rúa de Valle Inclán 32, Carballo).

45 escritores participarán na Feria Internacional do Libro da Habana

28 xaneiro 2008

«Uns 45 escritores de Galicia de todas as xeracións participarán, do 13 ao 24 de febreiro próximo, na XXVI Feria Internacional do Libro da Habana, dedicada á cultura da comunidade autónoma, con fortes vínculos históricos e culturais con Cuba.» (La Voz de Galicia)

Estíbaliz Espinosa, novo talento europeo

28 xaneiro 2008

«Baixo o título L’Europa dei Giovanni, a Europa dos mozos, a Universitá degli Studi di Padova fai unha análise da situación na que se atopa a nova literatura que se está a producir en toda Europa. Entre os catorce artigos cos que conta o volume, atopamos un dedicado á nosa literatura, relatado por Francisco González Lousada e coa escritora Estíbaliz Espinosa de protagonista.» (Vieiros)

Rectificación (07/04/08): A Universidade de Padova foi realmente a que albergou este evento, en non a de Roma, como afirmamos na altura da publicación da noticia. A corrección faise grazas á xentileza de Marco Prandoni, quen amabelmente se dirixiu a nós.

Manuel Rivas no Liceo de Ourense

28 xaneiro 2008

O martes 29 de xaneiro, ás 20:15 horas no Salón Nobre do Liceo de Ourense, finalizan os XVIII Encontros Literarios organizados polo Liceo de Ourense coa conferencia-coloquio de Manuel Rivas titulada: ” A corpo aberto”. (Liceo de Ourense)

IV concurso de relatos de muller Matilde Bares

25 xaneiro 2008

Até o 30 de abril de 2008. Máis información no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu. Tel. 986 32 43 95.

Premio Barco de Vapor 2008

25 xaneiro 2008

Até o 15 de abril de 2008. As bases na web da editorial.

Últimos días do VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

25 xaneiro 2008

Até 30 de xaneiro. Os poemarios deberán contar un mínimo de 400 versos. Este premio incrementa a súa dotación a 6.000 euros. Máis información no Concello de Sarria.

VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2008

24 xaneiro 2008

Até o 22 de febreiro de 2008. Bases.

Convite do Ateneo Ferrolán para o Día da Paz

23 xaneiro 2008

«Como todos os anos, con motivo do Día da Paz, o próximo día 30 de xaneiro, convocámosvos a un Maratón de Lectura a partir das 18:00 horas no Ateneo Ferrolán. A convocatoria é aberta e de lectura libre de textos, poesía, teatro, escenificacións, …. só tedes que anotarvos na secretaría do Ateneo Ferrolán. Animádevos!» (Ateneo Ferrolán)

Salón do Libro de Pontevedra

23 xaneiro 2008

Consultade aquí o programa do Salón do Libro de Pontevedra.

Premio Concepción Arenal 2008