Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Presentación na Coruña dun libro sobre o pintor Alfonso Costa

25 marzo 2008

O mércores día 26 de marzo ás 20.00 horas na sala de audiovisuais da Biblioteca Provincial (Rego d’ Auga, 37, A Coruña), terá lugar a presentación do libro Alfonso Costa (Colección Grandes Pintores). No acto intervirán as escritoras Ánxeles Penas e Eva Veiga, e o artista Alfonso Costa.

Preséntase en Ponte do Porto U-49, de Rafael Lema

24 marzo 2008

O venres día 28 de marzo ás 20.00 horas na libraría Ler de Ponte do Porto terá lugar a presentación na comarca da novela U-49 (Tambre-Edelvives), do escritor Rafael Lema.

Henrique Rabuñal presenta na Coruña a súa biografía sobre Álvarez Blázquez

24 marzo 2008

Henrique Rabuñal presenta o martes 25 de marzo ás 20.00 horas no local de Portas Ártabras na Coruña (Rúa Sinagoga, 22) a súa biografía do protagonista das Letras Galegas 2008. Titúlase Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta, e fai o número 227 da editorial Laiovento. Henrique Rabuñal estará acompañado polo profesor da UDC Celso Álvarez Cáccamo, fillo de Álvarez Blázquez, e por Francisco Pillado Maior, director de Laiovento.

VII Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa

18 marzo 2008

Até o día 16 de agosto de 2008. Bases.

VII Premio de ensaio Manuel Murguía

18 marzo 2008

Até o 30 de setembro de 2008. Bases.

XX Premio de narrativa Torrente Ballester

17 marzo 2008

Até o 1 de xullo de 2008. Bases.

XIV Premio de poesía Miguel González Garcés

17 marzo 2008

Até o 15 de abril de 2008. Bases.

Nace o Consello Asesor do Libro

14 marzo 2008

(culturagalega.org)

Preséntase ‘prazadasletras.org’, portal de referencia para a promoción do libro galego e a lectura

14 marzo 2008

«A Consellaría de Cultura e Deporte presentou hoxe o portal en Internet PrazaDasLetras.org, un proxecto creado para ser o referente do libro galego en Internet. Este portal web integra toda a información relacionada co sector do libro e nace para converterse na ferramenta de referencia para coñecer e complementar as campañas e as políticas de fomento da lectura e promoción do libro que desenvolve a Consellaría. [...]» (Consellaría de Cultura e Deportes)

Preséntase en Sarria De esparto e seda, de Xosé Antón Neira Cruz

13 marzo 2008

A Concellaría de Cultura do Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos presentan o libro co que Xosé Antón Neira Cruz gañou a VII edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, titulado De esparto e seda.
O acto de presentación terá lugar o sábado 15 de marzo de 2007, ás 19:00 horas nos locais da Sociedade “La Unión” de Sarria. Participarán Xermán Arias, Concelleiro de Cultura do Concello de Sarria, María Casar, Presidenta da A.C. Ergueitos, Isidro Novo e Miguel Anxo Fernán-Vello, membros do xurado e o autor do libro galardoado, Xosé Antón Neira Cruz. Ao remate da acto literario actuará a violonchelista Cristina Nogueira. (A.C. Ergueitos - Sarria)

Premio Concepción Arenal 2008