Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Preséntase na Coruña Investigadoras galegas, de Iolanda Fernández Casal

09 Abril 2008

O xoves 10 de abril, ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, 1º), terá lugar a presentación do libro Investigadoras galegas, de Iolanda Fernández Casal. O libro recolle entrevistas con 50 investigadoras representativas da I+D de Galiza, e foi editado polo Grupo Correo Gallego, en colaboración co departamento de Educación da Xunta de Galiza.

Entrega do VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

09 Abril 2008

«A entrega da 8ª edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que nesta edición gañou a poeta Olalla Cociña, terá lugar ás 20:00 horas o venres 18 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sarria.
Na entrega do premio intervirán, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño e Martín Veiga (xurados desta edición), Eduardo Valiña (artista plástico que cede a obra desta edición), o concelleiro de Cultura do Concello de Sarria, Xermán Arias, e María Casar (presidenta da A.C. Ergueitos). O mantedor do acto será X. A. Neira Cruz.
Ao rematar o acto haberá unha cea no mesmo hotel (o prezo das tarxetas é 25€ - 667429225). Nesta ocasión tamén nos sería moi grato poder terte neste acto que anova en cada edición o noso labor de manter viva a memoria do Fiz e de facer medrar a árbore da poesía cun novo poemario anainado na casa da Espiral Maior.» (A. C. ERGUEITOS)

Outorgan o Pedrón de Honra 2008 a Xosé Lois García

08 Abril 2008

«Outórgase o Pedrón de Honra 2008 ao escritor Xosé Lois García polo seu labor como “divulgador da cultura galega e portuguesa en Cataluña” a través das colaboración xornalísticas e outras iniciativas como a creación dos Parques Rosalía e Castelao no concello barcelonés de Sant Andreu de la Barca.» (Galiciae)

Lingua de Amor 2008

08 Abril 2008

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IIª edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Lingua de Amor ten como obxectivo principal dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles como son os correos electrónicos, chats, foros…
Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina Lingua de amor e enviar unha declaración de amor en galego (máximo 350 caracteres). A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008.

Presentación na Coruña do filme Pradolongo

08 Abril 2008

O martes 8 de abril, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña terá lugar a presentación da película Pradolongo, coa participación do director, IgnacioVilar e con algún dos actores e actrices, que comentaran os avatares da rodaxe a as expectativas da película.

Preséntase en Compostela O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis de Cipriano Fernández Fernández

08 Abril 2008

O xoves 10 de abril, ás 20:00 horas na librería Follas Novas (Rúa Montero Ríos, 37, Santiago) será presentado o libro de teatro para nenos O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis de Cipriano Fernández Fernández. No acto intervirán Antonio Puentes Chao -director editorial de 3C3- e o propio autor.

Xosé Mª Álvarez Cáccamo recibirá o premio Irmandade do Libro

07 Abril 2008

(culturagalega.org)

Helena de Carlos e Luis Rei Núñez vencen nos Premios da Crítica

07 Abril 2008

(Vieiros)

Inma López Silva gaña o “Blanco Amor” 2008

07 Abril 2008

(A Nosa Terra)

Premios literarios do IGAEM para o eido dramático

07 Abril 2008

Vexa as bases na páxina do IGAEM.

Rectificación: “Estíbaliz Espinosa, novo talento europeo”

07 Abril 2008

Pedimos desculpas pola rectificación que vimos de facer a respecto da noticia de referencia.

Presentación do número 2 da revista ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico

04 Abril 2008

3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico organizan a presentación do número 2 da revista - anuario de filosofía ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico,editada pola Asociación Cultural de Pensamento Filosófico e 3C3 Editores. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción da revista Roteiros, Isidro García Tato e Ramón López Vázquez, xunto co director editorial de 3C3, X. Amancio Liñares Giraut.

Será na libraría COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO) o martes 8 de abril ás 20:00 horas.

A Consellaría de Cultura crea este ano os Premios Nacionais da Cultura Galega

03 Abril 2008

«Os Premios Nacionais da Cultura constitúense como unha ferramenta para visibilizar diante da sociedade o traballo de quen se teña destacado no enriquecemento da cultura galega pola súas obras, pola súa participación en iniciativas creadoras ou por contribuír ao afortalamento do noso patrimonio material ou inmaterial. A intención da Consellaría de Cultura é que estes premios sexan un novo paso adiante de cara á normalización da cultura galega, co obxectivo de que se convirtan na súa gran festa.» (Consellaría de Cultura e Deportes)

Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

03 Abril 2008

A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra titulada Cerca. O galardón ten unha dotación económica de 12.000 euros e o libro será publicado a finais deste mesmo ano por Kalandraka, nas cinco linguas peninsulares. O xurado valorou un total de 335 traballos procedentes de numerosos países, entre os que se escolleu Cerca pola relación “perfectamente trenzada” entre relato e imaxes, que “narran, flúen e evolucionan”.

Visite o stand nº 38 no Cultural

Galería