Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Inma López Silva gaña o “Blanco Amor” 2008

07 abril 2008

(A Nosa Terra)

Premios literarios do IGAEM para o eido dramático

07 abril 2008

Vexa as bases na páxina do IGAEM.

Rectificación: “Estíbaliz Espinosa, novo talento europeo”

07 abril 2008

Pedimos desculpas pola rectificación que vimos de facer a respecto da noticia de referencia.

Presentación do número 2 da revista ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico

04 abril 2008

3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico organizan a presentación do número 2 da revista - anuario de filosofía ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico,editada pola Asociación Cultural de Pensamento Filosófico e 3C3 Editores. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción da revista Roteiros, Isidro García Tato e Ramón López Vázquez, xunto co director editorial de 3C3, X. Amancio Liñares Giraut.

Será na libraría COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO) o martes 8 de abril ás 20:00 horas.

A Consellaría de Cultura crea este ano os Premios Nacionais da Cultura Galega

03 abril 2008

«Os Premios Nacionais da Cultura constitúense como unha ferramenta para visibilizar diante da sociedade o traballo de quen se teña destacado no enriquecemento da cultura galega pola súas obras, pola súa participación en iniciativas creadoras ou por contribuír ao afortalamento do noso patrimonio material ou inmaterial. A intención da Consellaría de Cultura é que estes premios sexan un novo paso adiante de cara á normalización da cultura galega, co obxectivo de que se convirtan na súa gran festa.» (Consellaría de Cultura e Deportes)

Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

03 abril 2008

A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra titulada Cerca. O galardón ten unha dotación económica de 12.000 euros e o libro será publicado a finais deste mesmo ano por Kalandraka, nas cinco linguas peninsulares. O xurado valorou un total de 335 traballos procedentes de numerosos países, entre os que se escolleu Cerca pola relación “perfectamente trenzada” entre relato e imaxes, que “narran, flúen e evolucionan”.

Galicia acollerá un centro internacional de Literatura Infantil e Xuvenil

03 abril 2008

«A Biblioteca Nacional que comezará a funcionar en 2009 na Cidade da Cultura albergará un Centro IBBY de Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural. Será o segundo centro que a International Board on Book for Young Peple (IBBY) difunda e promova, despois da creación do primeiro en Oslo (Noruega) en 1985. [...]

O centro converterase na primeira biblioteca internacional especializada nas linguas minorizadas ao atesourar todos os fondos da IBBY destas culturas. O principal obxectivo desta instalación será o estudo, a difusión e a promoción dos libros para nenos e mozos das culturas minorizadas para “facelas visibles no mundo”. Para iso, contará cunha ferramenta virtual que permitirá o acceso aos seus contidos dende calquera lugar do mundo. [...] »

Chelo Suárez Muíños gaña o Premio Erotismo Narrativas Quentes

02 abril 2008

A coruñesa Chelo Suárez gañou o certame coa súa novela Os Milagres de Cristamar, unha historia “irreverente”, cunha linguaxe elaborada e trasfondo lírico.

Letras novas promociona as novas creacións

02 abril 2008

«O volume presentarase o vindero venres día 4 ás 12 horas na sede de Vicepresidencia da Xunta, coa presenza do director xeral de Xuventude, Rubén Cela; do presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, e da vicepresidenta da asociación, Antía Otero.

O xornal, editado pola Dirección Xeral de Xuventude e que xa vai polos 20 números, deixa un espazo para a nova creación literaria na sección Letras Novas, froito da colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nela conviven os escritores máis noveis e outros máis representativos das últimas décadas na literatura galega. [...]» (Galicia-Hoxe)

Presentación en Compostela de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño

02 abril 2008

Yolanda CastañoO próximo mércores día 2 de abril terá lugar a presentación en Compostela do último Premio Espiral Maior de Poesía. O Centro Galego de Arte Contemporánea albergará, a partir das 20h, unha velada multimedia arredor de Profundidade de campo, quinto poemario individual da compostelana Yolanda Castaño.

Rafa Villar vence no XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense

01 abril 2008

O xurado decidiu por unanimidade premiar a obra Migracións, de Rafa Villar, que concorría na XXIV edición do premio. «Os membros do xurado, entre eles os portugueses António Manuel Pires Cabral, do Concello de Vila Real, e Joaquim Ribeiro Aires, do Grémio Literário Vila-Realense, amais do gañador da anterior edición, Francisco Fernández Naval (con Miño), salientaron “o carácter intenso e comprometido, así como a música e o ritmo interior que se inicia no primeiro poema e que se mantén constante até o final do libro”. Destacaron, tamén, a “alta calidade” de todos os traballos presentados. [...]» (A Nosa Terra ; vexa tamén o Diário Digital)

Acto de homenaxe a Curros na Coruña

01 abril 2008

A Concellaría de Cultura do Concello de Coruña e a Real Academia Galega promoven un acto cívico en homenaxe a Curros Enríquez. Será o sábado 5 de abril de 2008 ás 17:30 horas, e consistirá nun cortexo de honra a Curros Enríquez que comezará no cemiterio de San Amaro e finalizará nos Xardíns de Méndez Núñez. Tamén terá lugar a actuación das corais Follas Novas, Cántigas da Terra, El Eco e Toxos e Frores.

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería