Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Preséntase na mesma cidade o libro Ferrol, de Miguel Fernández Fernández

18 xuño 2008

O día 19 na Central Librera (Rúa Real), a partir das 18:00, Miguel Fernández Fernández asinará exemplares do seu libro Ferrol antes de presentalo na Fundación Caixa Galicia (20:00). No acto de presentación desta obra acompañarán a Miguel Fernández o coautor do libro, o escritor e xornalista Ramón Loureiro, ademais de Hermenegildo Franco Suances e Tucho Calvo.

III Premio narrativa breve Repsol YPF

18 xuño 2008

Até o 21 de xullo de 2008. Bases.

Relatorio de Francisco Rodríguez sobre “A vixencia de Curros” en Compostela

17 xuño 2008

Hoxe martes 17 de xuño, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural do Ensanche de Compostela (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16), a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais promove o relatorio de Francisco Rodríguez sobre “A vixencia de Curros”. Nesta conferencia un dos maiores estudiosos da obra e figura de Curros Enríquez defende a súa vixencia na actualidade.

Nace a Federación Galeusca

16 xuño 2008

(Vieiros)

O VII Premio “Carlos Casares” de microrrelato fica deserto

16 xuño 2008

«[...] Logo dun amplo debate sobre os 516 traballos presentados, os compoñentes do Xurado acordan por unanimidade deixar deserto o “VII Premio CARLOS CASARES”, de Microrelato, por estimar que ningún dos traballos presentados acada o nível mínimo esixido.

Non obstante, en atención os méritos apreciados noutros TRABALLOS, o xurado acorda conceder TRES ACCÉSITS, dotados con 500 EUROS cadanseu, ós seguintes:

O presentado co lema “Piccolina”, do que una vez aberta a plica correspondente, resulta ser a súa autora Dona Natalia-Dobrina Gospodinoff­­­­­­, con enderezo na Rúa Fernando Guanarteme, 128, 3º-5 de Las Palmas de Gran Canaria. O título definitivo da obra é “Sesenta calorías”.

O presentado co lema “Resistencia”, do que una vez aberta a plica correspondente, resulta ser o seu autor Don Miguel Paz Cabanas­­­­­­, con enderezo na Rúa Vega de Infanzones, nº 2 , 5 A, de León. O título definitivo da obra é “Están Locos”.

O presentado co lema “Vuela libre”, do que una vez aberta a plica correspondente, resulta ser o seu autor Dona Lidia Gregorio Selas­­­­­­, con enderezo na Avenida de Balaídos, nº 73, 1º B, de Vigo-Pontevedra. O título definitivo da obra é “Gula”. [...]» Máis información na páxina do Liceo de Ourense.

Pilar Beiro na Sargadelos da Coruña

13 xuño 2008

O martes 17 de xuño, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Pilar Beiro cunha intervención titulada ICH LIEBE DICH (Escribir en feminino facendo das tripas voz), nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.

A actualidade sobre normalización lingüística na web da CTNL

13 xuño 2008

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de poñer en funcionamento un novo sitio web con toda a actualidade sobre o proceso de normalización lingüística, con noticias, convocatorias, opinións, entrevistas e análises; con completa información sobre a asociación; con información sobre recursos; etc. Un espazo no que se pretende centralizar toda a información de interese no proceso de normalización da lingua galega.

Último aviso para a viaxe literaria a Lóuzara

13 xuño 2008

O próximo sábado 14 de xuño realizaremos a nosa viaxe literaria a Lóuzara,
para recitar aos outeiros os versos do Fiz que voarán polo ceo do seu val
como bolboretas preñadas de ilusións. Ver aquí referencias anteriores.

Entrega do II Premio “Carlos Casares” de microrrelato

12 xuño 2008

Mañá venres día 13 de xuño, ás 20:30 no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terá lugar o Acto de Entrega do VII Premio “Carlos Casares” de Microrrelato. No transcurso do acto terá lugar unha lectura dramatizada con acompañamento musical do último capítulo da novela “O Sol do Verán”, a cargo de Teresa Devesa, Loly Conde e Ángel Losada (piano).

Preséntase en Maceda o libro de Santiago Prol Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30

12 xuño 2008

«O vindeiro venres, 13 de xuño de 2008 terá lugar a presentación do libro de Santiago Prol Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos anos 30, presentado conxuntamente polo concello de Maceda e Edicións A Nosa Terra.No acto intervirán Xabier Oviedo (Alcalde de Maceda), Afonso Eiré (Conselleiro Delegado de Promocións Culturais Galegas), Bieito Seara (Director Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta), Francisco Carballo (historiador) e Santiago Prol (autor do libro).

A cita será ás 20:00 h. na Torre da Homenaxe do Castelo de Maceda. Tamén se inaugurará unha exposición baixo o título “Benigno Álvarez: A mirada de transparencias cordiais” que estará aberta o público dende ó 13 ao 20 de xuño de 2008 no Castelo de Maceda.»

Máis un 54% nas axudas á tradución literaria desde e para o galego

11 xuño 2008

(Consellaría de Cultura e Deporte)

Miguel Anxo Murado e Xusto Beramendi levan os premios Antón Losada Diéguez

11 xuño 2008

(culturagalega.org)

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería