Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

“Entre dous séculos”: III Encontro de Escritores/as Novos/as

31 xullo 2008

Pazo de MariñánA Asociación de Escritores en Lingua Galega, co apoio da D. X. de Xuventude e Solidariedade, da Deputación da Coruña e da S. X. de Política Lingüística, está organizando para os días 26 e 27 de setembro o III Encontro de Escritores/as Novos/as, no Pazo de Mariñán.

Dáse así continuidade a esta actividade cuxa segunda edición tivo lugar en 2002. Á volta de seis anos é tempo de que, co lema “Entre dous séculos”, teñamos ocasión de revisar a creación máis nova do noso sistema literario, concretamente a daqueles/as autores/as que comezaron a publicar desde os noventa até o día de hoxe. Para isto, prográmanse catro mesas redondas cos seguintes títulos e relatores/as:

-Cartografías literarias no novo século: Oriana Méndez, Mario Regueira, Rubén Ruibal.

-Presenza e invisibilidade das/os escritoras/es na sociedade actual: Iolanda Aldrei, Ana Acuña.

-A literatura. Internet e novas tecnoloxías: Lara Bacelo, Leo Campos, Eduardo Estévez.

-Literatura, sociedade, nación: María Reimóndez, Rafa Villar, Carlos Negro.

Museo de Belas Artes da CoruñaHaberá tamén un recital no Museo de Belas Artes da cidade da Coruña co título xenérico de “Antes mort@s que solemnes”.

A actividade está aberta a todos os asociados/as, aínda que vai enfocada especialmente aos/ás que veñen publicando desde os 90 até a actualidade, e que terán prioridade dado o límite de prazas do Pazo de Mariñán. É por iso que desde xa se abre o prazo para solicitalas, que se estende até o 12 de setembro. De resto, a asignación farase, alén de polo criterio xa citado, por estrita orde de chegada da solicitude a este mesmo mail. A Asociación faise cargo de todos os gastos de estancia.

A Aelg editará un número da súa revista Escrita Contemporánea coas Actas deste encontro. Nelas, ademais das intervencións nas mesas redondas, e co ánimo de ter unha visión máis completa do tema proposto, quérese dar oportunidade a todos os socios/as da Aelg que empezaran a publicar desde os 90 até hoxe, de que nos envíen en forma de texto (4 páxinas de 1800 caracteres como máximo), a súa reflexión persoal de como ven situada a súa persoal traxectoria creadora dentro do sistema literario; a reflexión estenderase tamén a analizar se o concepto de xeración é válido para entender a nova produción literaria, ou se deixou de ter utilidade tendo en conta que as recentes tecnoloxías permiten desenvolver formas de creación, de difusión e colaboración inéditas; así mesmo, as achegas poderán concluír se hai ou non os suficientes elementos novidosos na escrita dos novos/as que permitan caracterizala no seu conxunto. Estas achegas entregaranse neste mesmo mail até o 15 de outubro.

(O Consello Directivo da Aelg)

Bos Aires: V Xuntanza aberta do obradoiro ‘Cousas de mulleres’

30 xullo 2008

(Bos Aires, 30 de xulio) – O colectivo de galegas na emigración Herbas de Prata organiza o sábado 9 de agosto a quinta xuntanza dos seus obradoiros “Cousas de Mulleres” coa intención de abrir un espazo para a voz das mulleres, un sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten.

A cita será na Asociación hijos del ayuntamiento do Porto do Son o vindeiro sábado 9 de agosto ás 15,30 horas na rúa Mariano Acosta 240, da localidade de Avellaneda.

Os obradoiros vivenciais están a percorrer as institucións da colectividade galega en Bos Aires, alí onde cada centro ou asociación abra as súas portas. “Unha vez ao mes abrimos estes faladoiros onde o que buscamos é escoitarnos, é falar do que nos pasa como mulleres, como emigrantes, como nais ou fillas ou avóas ou netas, como traballadoras ou como personas no paro. Falar, ou sexa, do noso vivir como mulleres”, detallaron dende Herbas de Prata. Máis información en herbasdeprata@gmail.com.

Coruña: Ciclo A-FÓRA(S) - Galería Sargadelos A Coruña

29 xullo 2008

O martes 29 de xullo, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Martín Veiga cunha intervención titulada “Poesía e periferia”, no contexto do ciclo “A-FÓRA (S)”.

O portugués Amadeu Baptista gaña o XVI Premio de poesía Espiral Maior

28 xullo 2008

(Galiciae)

Aldea de Saa: homenaxe a Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño

28 xullo 2008

O 14 de agosto de 2008, ás 12:00 na Aldea de Saa (curva de Lodeiro - N 547, km 40, vindo de Lugo, perto de Palas de Rei e antes vindo de Compostela), terán lugar os seguintes actos en homenaxe aos mártires Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño:

I. ACTO DE AMOR E LEALDADE AOS NOSOS MÁRTIRES E EN ESPECIAL NESTA DATA A DOUS VALENTES LOITADORES REPUBLICÁNS: SIXTO AGUIRRE e CAMILO DÍAZ VALIÑO: desccubrimento da pedra homenaxe aos dous exemplares defensores da liberdade e da República e intervencións (TI PREPARA A TÚA, obrigadamente e non máis de 2ou 3 minutos).

II. NA IGREXA DE SAN PEDRO DE MEIXIDE ACTO DE FIDELIDADE E DE IRMANDADE.

III. NO “ PAZO MARIÑAO” (San Pedro de Meixide): xantar solidario (25 €, avisar antes do día 10 de agosto no tfno. 636032750 ou no enderezo erdao@hotmail.com)

Manifesto por unha Galiza laica

28 xullo 2008

(xornal.com)

Xoán Carballo, poeta ambulante

24 xullo 2008

«Seguindo a liña da “Volta ás Rías Galegas en verso” e de “Elaborando o meu delirio”, presento a nova xira que levará A casa do poeta polos pobos da nosa terra, recuperando as vellas tradicións trobadorescas e levando a cultura ás rúas, as prazas… Convertendo este proxecto nun espectáculo en movemento, que eleve a poesía e outras artes tamén con menos repercusión ao lugar que lle corresponde, amosando un anaco máis da diversidade cultural de Galicia.» (Xoán Carballo)

Ramiro Fonte será homenaxeado en Ferrol

24 xullo 2008

No acto, que será o 28 de xullo, Ramiro Fonte recibirá o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra. O xurado estivo composto por Julia Uceda, Iolanda Díaz, Félix Villares Mouteira, Miguel García-Posadas, Ramón Pernas, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Loureiro. Este galardón foi creado por polo Coro Toxos e Froles da para conmemorar o 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol. (Vieiros)

Reelixido Alfonso García Sanmartín presidente da AGE

23 xullo 2008

Alfonso García Sanmartín, de Rodeira-Edebé, foi reelixido presidente da Asociación
Galega de Editores. (AGE)

Silleda: Homenaxe a Ramón de Valenzuela

22 xullo 2008

O mércores 23 de xullo terán lugar varios actos en lembranza de Ramón de Valenzuela.
1º) Acto cívico ás 20:00 na Praza da Feira da Bandeira coa participación de Mariví Villaverde (viúva do autor), Xosé Neira Vilas (escritor e académico) e Luís Bará (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte). Logo procederase á inauguración da Rúa Ramón de Valenzuela.
2º) Acto de homenaxe na Casa da Viña, parroquia de Manduas. Descuberta de placa conmemorativa na casa natal, realizada polo artista silledense Jorge Conde.
(Adellís asociación socio-cultural - Comisión pola Memoria Siñor Afranio)

Premio Concepción Arenal 2008