Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Bos Aires: presentación de Retratos, de Carlos Penelas

20 agosto 2008

O acto terá lugar o 27 de agosto ás 18:30 no Salón de Actos Maruxa Boga (25 de Mayo 555 PB - Bos Aires). A presentación correrá a cargo de Badi Lestani, quen establecerá un diálogo co autor, e contará coa presenza da delegada da Xunta de Galicia María Xosé Porteiro e a presidenta do Centro Betanzos Beatriz Lagoa Veiga.

V Certame literario feminista do Condado

19 agosto 2008

Convocado pola Assembleia de Mulheres do Condado, o prazo de presentación remata o 31 de agosto de 2008. Información: Local Social Baiuca, Rúa Redondela,11. Ponteareas (Pontevedra); tamén aquí.

Praza dos libros: catro días de promoción da lectura e da cultura en Carballo

18 agosto 2008

Praza dos libros de Carballo«Carballo acollerá entre o 21 e o 24 de agosto unha nova edición da Praza dos Libros, unha feira literaria que ten como obxectivo a promoción da lectura, das librarías da comarca, dos autores galegos e da cultura de rúa. Durante catro días o Xardín Municipal acollerá dez casetas que se encherán de libros, actividades lúdicas, presentacións, música, escritores e incluso recitais poéticos para que os veciños e veciñas poidan desfrutar dos libros.» Vexa o programa. (Concello de Carballo)

Un curso sobre a obra de Avilés de Taramancos

18 agosto 2008

Avilés de TaramancosA casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia acollerá entre o 4 e o 6 de setembro un curso de verán da Universidade de Santiago sobre a obra deste poeta. Xerardo Agrafoxo, Xosé Manuel Beiras, Manuel Caamaño, Pilar Cagiao, Lourenzo Fernández Prieto, Salvador García-Bodaño, Pedro García, Aurora Marco, Xoán Pastor Rodríguez, Ana Romaní, Pilar Sampedro e Socorro Santos serán os ponentes deste seminario, que abordará as distintas etapas creativas do escritor no seu contexto histórico. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 22 de agosto. (Galicia-Hoxe)

Comeza na Coruña a Feira do libro antigo e de ocasión

14 agosto 2008

Mañá, venres, día 15 de agosto ás 13.00, terá lugar a inauguración da XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia coa colaboración do Concello da Coruña e da Consellería de Cultura e Deporte. (AGE)

A primeira ópera galega dos últimos 80 anos

14 agosto 2008

«Unha alegoría sobre a fin da vida, entendida como un feito natural, sen excesivas tinguiduras tráxicas. É a cerna de Camiñar polo arame cunha lata de cervexa, a primeira ópera galega que se estrea en 80 anos. O Teatro Colón da Coruña acollerá, o vindeiro 13 de setembro ás 21:00 horas, no seo do Festival da Ópera, este acontecemento histórico.

O compositor Juan Durán e o dramaturgo Manuel Lourenzo son os creadores desta obra. “Foi un encargo de Juan Durán. Díxome que quería un libreto para unha ópera de cámara… Deume unha idea que me pareceu sórdida pero moi bonita… O resultado está publicado en Laiovento”, comentou Lourenzo. [...]» (Galicia Hoxe)

Comeza a Feira do libro de Viveiro

13 agosto 2008

«A Federación de Libreiros de Galicia, en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte, organiza a Feira do Libro de Viveiro, que terá lugar do 13 ao 17 de agosto na mencionada localidade.» (AGE)

Elías Torres novo presidente da Asociación Internacional de Lusitanistas

13 agosto 2008

(La Voz de Galicia)

A triloxía Evanxélica memoria, de Xavier Alcalá, na Feira do libro da Coruña

12 agosto 2008

A triloxía Evanxélica memoria (Galaxia), composta polas novelas de Xavier Alcalá Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007), foi celebrada polo editor Víctor Freixanes e o crítico literario Alfredo Ferreiro con motivo da Feira do libro da Coruña de 2008. O autor, que había de participar propiciando un coloquio sobre a súa obra, non puido estar presente por motivos persoais; porén, si se puido contar coa testemuña principal do literaturizado na obra, Manuel Molares, quen confirmou a fidelidade do autor co acontecido e relatado por el. (Blogue de Xavier Alcalá)

Coruña: Ciclo A-FÓRA(S) - Galería Sargadelos A Coruña

12 agosto 2008

O martes 12 de agosto, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Xavier Queipo cunha intervención titulada “Na procura de coordenadas”, no contexto do ciclo “A-FÓRA (S)”.

I Encontro de escritores “Cidade da Coruña”: narrativa con memoria histórica

11 agosto 2008

Este é un vídeo do acontecido na Casa Casares Quiroga da Coruña o 18 de xullo de 2008 dentro do I Encontro Cidade da Coruña. Publicado por Tati Mancebo no blogue O levantador de minas.

Publícase A conta atrás, unha novela gráfica inspirada na catástrofe do Prestige

11 agosto 2008

Publícase <em>A conta atrás</em> (Faktoría K), unha novela gráfica inspirada na catástrofe do Prestige. Con guión de Carlos Portela, ilustracións de Sergi San Julián, prólogo de Manuel Rivas e entrevista de Álvaro Pons.

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería