Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

XXV edición dos encontros GALEUSCA

31 outubro 2008

(A Coruña, 31 outubro 2008).- Organizada pola asociación de escritores en lingua catalana, os encontros Galeusca chegan á súa XXV edición (ver programa), a celebrar no País Valenciano do 7 ao 9 de novembro nas localidades de Valencia e Sueca.
Trátase do primeiro encontro tras a constitución o pasado 15 de xuño da Federación Galeusca, que agrupa ás asociacións de escritores en lingua catalana, éuskaro e galega.
O tema central desta XXV edición xira arredor da “literatura e a paisaxe do eu”, co obxectivo de despregar e afondar na literatura como un espazo de construción do propio suxeito e as súas múltiples concrecións. Até que punto cando escribimos sobre os diferentes aspectos que nos rodean non falamos de nós mesmos? Até que punto non nos construímos a partir da reflexión feita na propia obra? Ou á inversa, cando algúns escritores, reflexionando sobre a propia experiencia, foron capaces de implicar toda unha xeración ou visión do país.
Doutro lado, o suxeito do século XXI é un suxeito cambiante que deu lugar a pseudobiografías ben persoais, xa sexa pola historia vivida e interpretada, xa sexa pola vontade de facerse unha subxectividade en liberdade que se afaste dos estereotipos herdados, un aspecto que tamén inclúe os modelos sexuais prefixados.
Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o tema en tres sesións de traballo:

1. “Sobre paisaxes propias”, onde os relatorios centraranse sobre a propia ficción, sobre a propia obra literaria, convertindoos nun espazo de reflexión autobiográfica persoal e colectiva;
2. “O dietarismo, unha forma de reflexión”, centrada no xénero literario do dietario, baixo as distintas formas, persoal, cultural, literaria, de reflexión persoal e colectiva;
3. “Este experimento que se chama eu”, abordando temas de constitución do individuo e da creación da propia subxectividade, tamén sexual, sen esquecer as referencias ás novas linguaxes experimentais que levan a cabo as voces máis novas de cada literatura.

Como actividade paralela celebrarase un recital literario coa participación de tres escritores/as de cada unha das tres asociacións.

Os/as membros da delegación galega son:
Marica Campo
Francisco Castro
Manuel Forcadela
Agustín Fernández Paz
Anxos Sumai
Marilar Aleixandre
Isidro Novo
Xerardo Méndez
Carlos Negro
Antía Otero
Mercedes Queixas
Elvira Riveiro Tobío
Xan Arias
Xavier Queipo
Cesáreo Sánchez Iglesias

(Gabinete de Comunicación da AELG; tel: 660 530 525; correo-e:  prensa at aelg.org)

A Coruña: presentación do libro Renacer, de Xabier Paz

31 outubro 2008

Xabier PazO venres 31 de outubro, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do libro Renacer, de Xabier Paz. O acto, que contará coa participación de Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.

A Coruña: Francisco Salinas Portugal falará sobre o discurso historiográfico

31 outubro 2008

Francisco Salinas PortugalA Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2008-9. O vindouro dia 5 de Novembro, ás 8 do serám na Fundaçom Caixa Galiza (Cantom Grande) , o Professor da Universidade de A Corunha Francisco Salinas Portugal falará dentro do ciclo, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre: O Discurso da História e a Construçom Nacional: Galiza, Angola, Brasil.

Faleceu Anxo Rei Ballesteros

30 outubro 2008

(Vieiros)

XIV Premio Vicente Risco de ciencias sociais

30 outubro 2008

Antes do día 31 de decembro do 2008. Bases.

Premio de literatura infantil “O Barco de vapor” 2009

30 outubro 2008

Até o 15 de xaneiro de 2009. Bases.

A Coruña: presentación da novela Daniel e a Porta do Ceo, de Xabier Iglesias

30 outubro 2008

O venres día 31, ás 20:30 na libraría Sisargas da Coruña (Curros Enríquez, 9), terá lugar a presentación da novela de Xabier Iglesias Daniel e a Porta do Ceo (Biblos Clube de Lectores). O acto contará coa asistencia do autor, que será presentado por Carmen Abella, profesora de lingua e literatura galegas.

Actos no 60º aniversario dos asasinatos de Seoane Sánchez e José Gómez Gayoso

30 outubro 2008

PROGRAMA DE ACTOS CONMEMORATIVOS 60º ANIVERSARIO DOS ASASINATOS DOS DIRIXENTES COMUNISTAS ANTONIO SEOANE SÁNCHEZ E JOSÉ GÓMEZ GAYOSO

[more...]

Xerais publicará dúas obras de George Steiner

30 outubro 2008

(AGE)

Un equipo da USC gaña o Premio Valle-Inclán

30 outubro 2008

(Galicia-Hoxe)

Carlos López recibirá o ‘Raíña Lupa’ de literatura infantil e xuvenil

29 outubro 2008

(Vieiros)

A AELG solicita que Pontedeume homenaxee publicamente o escritor Ramiro Fonte

29 outubro 2008

Ante a triste noticia do pasamento do escritor Ramiro Fonte Crespo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega ven de solicitar do Concello de Pontedeume que se lle poña o nome do insigne Poeta a algún dos seus edificios públicos relacionados co mundo da Cultura, de modo que sirva como tributo á súa memoria por parte da vila que o viu nacer.

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería