Boa entrada de ano e feliz aninovo a todos!
31 decembro 2008
Prezados amigos:
Boa entrada de ano e feliz aninovo a todos. Cos meus mellores desexos para o vindeiro. Unha fonda aperta de
Uxío Novoneyra Rey
31 decembro 2008
Prezados amigos:
Boa entrada de ano e feliz aninovo a todos. Cos meus mellores desexos para o vindeiro. Unha fonda aperta de
Uxío Novoneyra Rey
31 decembro 2008
Lembrade que esta noite tamén é noite de bruxas e se unha, un casual, vos amordica, hai que devolverlle o belisco se non queredes quedar ameigadiños pra o ano.
Antonio Reigosa (Galicia Encantada)
30 decembro 2008

Até o 28 de febreiro de 2009. Bases.
29 decembro 2008
O 2 venres de xaneiro, ás 20:30 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar a presentación do libro A vida que non é (Tambre), de Rafael Laso Lorenzo. No acto intervirán Ignacio Chao Castro (editor), Antón Riveiro Coello (escritor) e o autor.
26 decembro 2008
«Foi unha decisión difícil. O xurado, reunido no Concello de Bueu, dubidou durante boa parte da tarde do martes entre dúas obras. Finalmente escolleron o Blues da Crecente de Mario Regueira; porén, o debate non era tan importante en realidade, pois a outra obra que chegou ao final con opcións de gañar o premio tamén fora presentada por Regueira. O xurado salientou que o poemario “representa unha reflexión sobre o amor e as súas condicións existenciais, nun conxunto poemático sometido a unha esixencia de gran atractivo; rítmica, poesía e vida entrelazadas, o amor como sinal de unión e de liberación” [...]» (Vieiros)
26 decembro 2008
Antes do 13 de abril de 2009. Bases.
26 decembro 2008
Antes do 13 de abril de 2009. Bases.
24 decembro 2008
24 decembro 2008
Antes do 1 de marzo de 2009. Bases.
24 decembro 2008
«[...] A decisión de que A Coruña sexa a sede de Cultur.gal tomouse logo de avaliar como moi positiva a presenza de público na feira, que os organizadores cifran para os catro días da súa celebración en arredor de 37.000 persoas, o que significa case cuadriplicar a asistencia á primeira edición. Segundo os datos manexados polo consello asesor da feira, 2.900 persoas terían participado nas actividades de público xeral, e 5.500, nas dirixidas a público infantil.
Ademais as actividades profesionais relacionadas coa música, o libro, o audiovisual, as novas tecnoloxías, as artes escénicas, a dinamización lingüística e a xestión cultural congregaron a 500 profesionais deses sectores.
Outro dato que fala da importancia da cita para o sector é a participación de 75 entidades expositoras.»