“Reunido
o xurado, composto por Fernando Acuña Castroviejo (en representación do Concello de Castro Caldelas), Teresa Devesa Graña (en representación do Concello de Allariz), Luís Martínez-Risco Daviña (en representación da Fundación Vicente Risco), Xosé María Eguileta Franco (en representación da Fundación Vicente Risco) e Francisco Fernández Rei (en representación da Fundación Sotelo Blanco) acordou por unanimidade:
1.-Valorar a calidade científica e ensaística dos traballos presentados.
2.-Conceder o XVI PREMIO “VICENTE RISCO” DE CIENCIAS SOCIAIS ó traballo presentado co lema Tombo de Celanova e co título Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Aberto o sobre correspondente, a persoa gañadora resultou ser Carlos Manuel Callón Torres, domiciliado en Bertamiráns-Ames.
Neste ensaio o autor reflexiona sobre a problemática da homosexualidade masculina e feminina na Idade Media, a partir do corpus lírico do galego medieval (particularmente as cantigas de escarnio e maldicir) e de textos historiográficos e xurídicos. Analízase con detalle o nacemento dos prexuízos homófobos nos séculos XI e XII e a súa posterior consolidación na Baixa Idade Media.
Este premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora publicaraa Sotelo Blanco Edicións.
En Santiago de Compostela, a 26 de febreiro de 2011.”
A nova recóllese en Galicia Hoxe, Galiciaé, A Nosa Terra e Cultura Galega.
Carlos Callón mostra unha absoluta ignorancia de Historia Medieval
Prezado Xerardo Torrado:
Grazas pola expectación pola saída do libro. Porén, agradecerei máis e escoitarei con maior atención toda reseña crítica unha vez que se publique e se poida ler este ensaio.
Xa sabes: levará por título “Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media” e publicaraa Sotelo Blanco dentro dun par de meses.
Unha aperta.
1º: Cando se afirma que na Alta Idade Media existía certa “permisividade” significa que nos Libri paenitentiales non tiña o lugar de preferencia dos séculos posteriores. 2º.: O matrimonio non se converte en sacramento ata o IIIº Concilio de Letrán (1179) cun maior control da sociedade laica por parte da Igrexa. 3º: A conciencia de pecado non xurde de súpeto, xa existía antes como apreciamos en san Columbano (f.s..VI) , Cesáreo de Arlés (s.VI), Xonás de Orleans (s.IX) ou san Pedro Damiano só dez anos antes da dita cerimonia. A sanción de dito matrimonio resulta pouco veraz por moi mal formado que estivera o clero galego a esa altura do s.XI tendo en conta que a Hispana (s.VII) era a colección canónica máis compreta do altomedievo e que por aqueles anos a Igrexa hispana estaba nun proceso de achegamento á Roma . 4º. Dende san Agostiño a procreación era a única razón do matrimonio.
Non quero meterme onde non me chaman, pero penso que o Callón ten razón, Xerardo. Perdes toda credibilidade criticando así un libro que nin tan sequera saíu.
Pola miña banda, só me vou remitir ao xa dito:
http://www.carloscallon.com/2011/03/criticas-apresuradas.html
http://galego.farodevigo.es/cartas/2011/03/29/criticas-apresuradas/530820.html
Cando saia o libro, debatemos a fondo. Será xenial.
Unha aperta.