Entrevista a Claudio Rodríguez Fer en Xornal:
“- Xornal: Se falamos de Galicia, hai un discurso de poder belixerante coa lingua e a cultura do país. Estes días escoitamos, na boca da concelleira de Cultura da Coruña, unha frase que, quizais, resume un discurso de poder moi claro: hai actividades culturais demasiado galegas. O espírito libertario pódenos valer para superar este discurso?
- Claudio Rodríguez Fer: Evidentemente hai que superar estes discurso porque é unha forma de autoodio racista. Non podemos opoñer o galego ao universal. O universal é universal porque inclúe o galego. O galego non nega o universal, porque forma parte del. Iso foi unha gran tradición do galeguismo, que foi esencialmente universalista. Penso que o mellor do galeguismo foi o universalismo, porque o Partido Galeguista vía en Galicia unha célula de universalidade. Opoñer unha cousa e outra é mostra de ignorancia. Seremos universais se non renunciamos a ser galegos. Do mesmo xeito que seremos galegos se non renunciamos a ser universais. Neste volume que veño de presentar na Coruña hai todo un libro, Os paraísos eróticos, que está escrito fóra de Galicia. Vivín en Nova York e en Bretaña e viaxei por outros lugares con estancias de traballo. A maioría dos contos dese libro están escritos neses lugares, pero todos están escritos en galego. Aínda que eu estea fóra de Galicia, no mundo, estou nese mundo como galego. Non podo evitalo.”
Estou completamente de Acordo. con todo o que arriba escribe Caudio R. Fer. Efectivamente, “seremos universais se non renunciamos a ser galegos”, como xa tamén deixou dito o Garn Castelao: “Se aínda somos gaelgos é por virtude do idioma” . Por Iso, algúns políticos no poder queren, baixo a apariencia dun galeguismo ligth e pseudotriunfalista, sementar a impresión de que o están facentdo moi ben; pero que pretenden é aniquilalo e enterralo definitivamente. De aí, esa barbaridade da concelleira de “La Coruña” pacovazquizta”