Filmanova levará ao cine a obra Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal

«Cinco anos tivo que esperar o dramaturgo Rubén Ruibal para ver a súa obra máis recoñecida e premiada sobre un escenario. Limpeza de sangue, co Premio Álvaro Cunqueiro e co Premio Nacional de Teatro, non fora representada até que a compañía Espello Cóncavo a converteu en realidade a temporada pasada. (…)
A produtora Filmanova está a desenvolver o proxecto para que a obra teatral escrita por Ruibal chegue á gran pantalla. Polo momento, a futura película está nunha fase inicial e estase a levar a cabo a adaptación do guión. «Jacobo Paz está a traballar no guión e imos a facer todo co máximo respecto á historia do texto orixinal. Imos facer unha película cuxa produción sexa 100% galega», explica Antón Reixa, de Filmanova, que engade que a intención da produtora é comezar a rodaxe «en 2012 ou en 2013, como moi tarde».» Vía Xornal. Tamén en El Progreso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>