O
xoves 29 de setembro, a partir das 20:00 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n.), presentación do número 27 da revista oral O pazo das musas, revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). O sumario é o seguinte:
- Portada musical: Cada vez que considero (trad., arranxo de Fernando G. Jácome), por Tundal (3 minutos).
- Memoria das mulleres invisibles de 1936: Maruxa Mallo no mar do exilio, por Carme Vidal (10 minutos).
- Música: Vals dos Ribas de Miño (trad.), por Tundal (3 minutos).
- A obra de Maruxa Mallo no Museo Provincial de Lugo: por María Quiroga Figueroa (10 minutos).
- Música: Por ir de noite/ Vals de Brea (trad., arranxo de Xan Fuertes), por Tundal (3 minutos).
- Poesía: Lenzos de emocións, por María Xosé Lamas (5 minutos).
- Música: Romance (trad.), por Tundal (3 minutos).
- Memoria das mulleres invisibles de 1936: O desgarro da represión: Mercedes Núñez e Syra Alonso, por Carme Vidal (10 minutos).
- Música: Pasei pola túa porta (trad.), por Tundal (3 minutos).
- Exposición virtual: De unha obra abandonada, por María José Santiso (10 minutos).
- Música: Pandeirada de Viveiro (trad.), por Tundal (3 minutos).
- Memoria das mulleres invisibles de 1936:Modernas e de vangarda: Mª Luz Morales, Amparo Alvajar e María Casares, por Carme Vidal (10 minutos).
- Poesía: Chaira, por María Xosé Lamas (5 minutos).
- Opinión: Intervención do público. Entrega de diplomas aos amigos/as da revista (5 minutos).
- Epílogo: por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo (3 minutos).
- Contraportada musical: Maneo de Fontela (trad.), por Tundal (3 minutos).