Antón Reixa: «O audiovisual asumiu esa misión de normalizar a lingua galega»

«Existe fame por crear e ler medios de comunicación en galego». Foi unha das conclusións que se tiraron das xornadas Os medios en galego, importan?, segundo a vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación, Marta Pérez Pereiro, que procedeu a clausuralas tras un terceiro día dedicado integramente ós medios de comunicación e producións audiovisuais en Galicia, que contaron, entre outros, con directores de cinema galego, como Antón Reixa ou Antón Dobao, e guionistas como Carlos Ares ou Araceli Gonda. (…)
Co gallo do idioma, Antón Reixa sinalou que o audiovisual «asumiu esa misión de normalizar a lingua», e «á conquista do público dun xeito máis arriscado que os medios impresos». Para o cineasta e artista audiovisual, «facer un produto en galego non exime de estar sometido ás dinámicas do mercado», polo que independentemente da lingua, «os creadores deben afrontar igual o desafío entre creación e industria, xerando produtos con calidade que respondan ás demandas do público». (…)
Antón Dobao, director de, entre outras, a adaptación cinematográfica de Sinbad, a obra de Cunqueiro, que recentemente se estreou nas salas do país, comezou o seu relatorio afirmando que, nun primeiro momento, «os directores déronlle as cóstas a unha realidade lingüística» como a galega, coas excepcións de Chano Piñeiro e algúns outros, curtametraxes… Mais o cinema galego non conseguiu aínda desprenderse dese estigma de «subalternidade con respecto ao cinema español», nin doutros trazos como «a hipercaracterización», «a territorialidade», que, ao seu ver, necesitan eliminarse. Expresou tamén o desexo de que «Galicia poida ter a capacidade de expresarse culturalmente na súa lingua propia, tamén no cinema». (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>