Premios Os mellores 2011 en Redelibros

Desde Redelibros:
“Pois xa temos resultados das enquisas, así que agora toca facer a solemne proclamación dos que son, para todos vós, Os mellores de 2011. Grazas a tod@s por participar e parabéns aos seleccionados, de seguro teñen méritos dabondo!

- Tradutor ou tradutora: Tuula Ahola Rissanen, por Purga, de Sofi Oksanen.
- Obra literaria en galego: Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.
- Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando Cimadevila.
- Editorial galega: Urco Editora.
- Libraría: Cartabón (Vigo).
- Web ou proxecto 2.0: Meubook.
- Crítica ou crítico: Armando Requeixo.
- Obra non literaria en galego: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.
- Ilustradora ou ilustrador: Iván Valladares, por O mundo secreto de Basilius Hoffman: o ladrón de soños.
- Banda deseñada: Revista Retranca, de Kiko da Silva.
- Obra literaria en castelán: 1Q84, de Haruki Murakami.
- Proxecto ou evento cultural: Culturgal.
- Blogue literario: Criticalia, de Armando Requeixo.

Agradecemos en calquera caso as vosas votacións e a confianza que depositades en nós.”