“Con
Habitación do asombro, o poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello fíxose coa XXVIII edición do Premio Cidade de Ourense de Poesía, un galardón que foi adxudicado por un xurado formado por Fernando de Castro Blanco, Teresa Devesa, Francisco Xosé Fernández Naval e Xavier Rodríguez Barrio, gañador da anterior edición do premio.
O xurado destacou da obra de Fernán Vello unha grande “unidade temática e estilística, con imaxes reveladoras e brillantes de grande perfección lírica”. Afondou tamén na consistencia duns poemas que calificaron de “longo alento”, xa que, ao seu ver “manteñen a tensión de principio a fin, sen decaer en ningún momento”. (…)” Vía Sermos Galiza.
Parabéns Miguel Anxo!!!como sigas asi vas ter que ampliar as vitrinas para gardar todos os premios!!!! Saúdos dende Cospeito.
Pingback: POESÍA GALICIA 2012: XXV PREMIO PÉREZ PARALLÉ | Trece poemas