Manifesto en defensa do Ateneo Ferrolán

MANIFESTO EN DEFENSA DO ATENEO FERROLÁN

«As persoas abaixo asinantes, rexeitan drasticamente a operación que está levando a cabo goberno Popular do Concello de Ferrol, de ocupar a actual sede do Ateneo con outras entidades, reducindo o espazo ateneísta a unha pequena parte na que dificilmente poderían desenvolverse as actividades habituais da entidade. Igualmente, dito goberno Popular pretende cambiar o nome do edificio, Ateneo Ferrolán, polo de Centro cultural y cívico Concepción Arenal.
Os edificios, situados na rúa Magdalena 202 e o primeiro andar do número 204, conforman a sede do Ateneo Ferrolán dende hai máis de trinta anos, e así son coñecidos pola cidadanía. Un nome, Ateneo Ferrolán, que en sí mesmo garda o concepto fundamental que encerra a entidade: aberta, plural, democrática e defensora dos valores culturais do noso país. Características de especial recoñecemento no ámbito local, nacional e estatal.
O Ateneo ferrolán, creado en Ferrol en 1879, é un lugar aberto á cidadanía e impulsor dunha permanente actividade de carácter cultural, social e progresista, en tódalas suas manifestacións. Por outra banda, posúe unha biblioteca-hemeroteca de grande interese, utilizada diariamente por lectores e investigadores.
É por todo isto que non podemos permitir que o Partido Popular, no uso da súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, distribúa arbitrariamente os espazos do Ateneo, do mesmo modo que pretenda facer desaparecer o seu nome asociado ao edificio. Feitos os dous que semellan provir do desexo de acalar o tradicional desenvovemento cultural da entidade en favor de Ferrol e da cultura galega.

Se queres asinar o manifesto, podes mandar o teu nome e DNI ao seguinte enderezo electrónico: rosamendez.ferrol@gmail.com ou ben entrar nesta ligazón e facelo directamente.

GRACIÑAS!!!!»

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 reflexións sobre “Manifesto en defensa do Ateneo Ferrolán

  1. A sede do Ateneo é o froito dun esforzo inmenso de ateneistas, cidadáns e institucións que ao longo do tempo puxeron en valor a recuperación para o patrimonio arquitectónico e cultural da cidade dun edificio histórico do barrio da Magdalena, que dende entón estivo aberto a toda a sociedade seguindo o seu lema fundacional:»Pola recuperación da cultura popular» e así debe seguir.

  2. Apoio a continuidade do Ateneo Ferrolán e condeno a ditadura do governo municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>