Bos Aires: homenaxe a Antón Santamarina Delgado

O sábado 18 de xuño, no Centro Betanzos de Bos Aires, terá lugar unha homenaxe a Antón Santamarina Delgado polo cincuentenario (1-xuño-1961) do seu libro Pra unha terra apremida, que foi considerado como un dos anticipadores da corrente socialrealista da … Sigue lendo

Víctor F. Freixanes, elixido novo presidente da Real Academia Galega

Desde a Real Academia Galega (foto: RAG): “O Pleno da Real Academia Galega, reunido o 28 de marzo en sesión extraordinaria, apoiou a candidatura á Presidencia da institución de Víctor Fernández Freixanes. O académico obtivo a maioría necesaria para saír … Sigue lendo

Premio honorífico dos músicos para Dorothé Schubarth

Desde Sermos Galiza: “Segundo a directiva de Músicos ao Vivo Schubarth é merecedora deste galardón “polas súas novidosas achegas metodolóxicas, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento do alcance … Sigue lendo

Ourense: Mesa de debate sobre lingua e ideas lingüísticas nas Irmandades

O mércores 26 de outubro, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa Progreso, 30), en Ourense, terá lugar a mesa de debate Lingua e ideas lingüísticas, coa que a Real Academia Galega continúa o ciclo No tempo das … Sigue lendo

Marilar Aleixandre: “É moi importante que haxa máis mulleres nas institucións, mais tamén que haxa mulleres feministas”

Entrevista de Montse Dopico a Marilar Aleixandre en Praza: “(…) – Praza (P): Todo apunta a que vas entrar na RAG como membro numerario en substitución de Neira Vilas… Que significa para ti? – Marilar Aleixandre (MA): Estou de candidata. … Sigue lendo

Compostela: presentación de Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa, de Francisco Fernández Rei

O xoves 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa, de Francisco Fernández Rei, publicado en Xerais. No acto, xunto … Sigue lendo

Mona Imai e Alejandro Tobar fanse co premio Plácido Castro de Tradución

“O xurado da décimo cuarta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou hoxe en Pontevedra recoñecer o labor dos tradutores Mona Imai e Alejandro Tobar. A xaponesa Mona Imai concorreu nesta edición cunha tradución da obra Botchan, novela do … Sigue lendo

A Coruña: presentación do segundo volume da toponimia de Nicandro Ares na Real Academia Galega

Desde a Real Academia Galega: “O segundo volume da toponimia de Nicandro Ares, compilada e indexada por Antón Santamarina, completa a publicación da totalidade dos estudos toponímicos de Nicandro Ares por parte da Real Academia Galega. O presidente da Academia, … Sigue lendo

Lugo: edición número 33 da revista oral O pazo das musas

O xoves 27 de xuño, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, terá lugar a edición número 33 da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da … Sigue lendo