A AELG adhírese á Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega adhírese á Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira que terá lugar mañá, 11 de novembro, a partir das 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, destacando o inmenso valor … Sigue lendo

Compostela: Homenaxe a Camilo Nogueira, o 11 de novembro

O 11 de novembro o Auditorio de Compostela acollerá a Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira, un acto que contará coa presenza de representantes da cultura, da sociedade civil e da política (estarán presentes os portavoces dos 4 grupos parlamentares); mais … Sigue lendo

O galeguismo agasalla a Camilo Nogueira en Trasalba

Desde Galaxia: “Unha xornada emocionante. Amigos, compañeiros de andaina política, xente vencellada á cultura galega e ao galeguismo, mesmo de distintas xeracións, confluíron o domingo en Trasalba, na Casa Grande de Cimadevila, para homenaxear a Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, … Sigue lendo

Camilo Nogueira, recoñecido co Premio Trasalba

Desde Sermos Galiza: “O economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936) recibirá o próximo 26 de xuño o Premio Trasalba que todos os anos concede a Fundación Otero Pedrayo a unha personalidade destacada no galeguismo. … Sigue lendo

Santa Cruz, Oleiros: conferencia de Camilo Nogueira sobre Para unha crítica do españolismo

O xoves 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, Oleiros, Camilo Nogueira impartirá unha conferencia arredor do seu libro Para unha crítica do españolismo, publicado en Xerais.

Marín: presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira

O venres 11 de outubro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, terá lugar a presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Celso Milleiro (membro do BNG).

Camilo Nogueira: “A xente fala da Unión Europea sen darse conta do seu sentido histórico. A UE é a negación do estado xacobino, porque alí operan 23 linguas oficiais”

Entrevista a Camilo Nogueira na sección Conversas no ronsel de Valentín Paz-Andrade da súa páxina oficial: “(…) – Xan Carballa: Galicia como tarea e La marginación de Galicia de Paz-Andrade, son ensaios que ademais de falar de economía procuran fundamentar … Sigue lendo