Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela arredor de Isaac Díaz Pardo, con Esperanza Mariño Davila

Estas son algunas das fotografías do Paseo Literario por Compostela Itinerario compostelán de Isaac Díaz Pardo, que tivo lugar o xoves 14 de setembro, dirixido por Esperanza Mariño Davila. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Boiro: presentación Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño

O venres 25 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura “Ramón Martínez López”, de Boiro, preséntase o libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila, xunto á edición especial conxunta dos números 26 a 50 do suplemento cultural … Sigue lendo

Negreira: presentación do Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila

3C3 Editores, coa colaboración dos Departamentos de Galego e de Normalización Lingüística do IES Xulián Magariños de Negreira, organiza a presentación do libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila. No acto intervirán María Rey Rey (xefa do departamento de … Sigue lendo

Folgoso do Courel: presentación do Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila

«3C3 Editores, coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel, comprácese en convidalo/a á presentación do libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila. No acto intervirán Dolores Castro Ochoa (alcaldesa de Folgoso do Courel), X. Amancio Liñares Giraut (director … Sigue lendo

Paseos Literarios por Compostela

Os Paseos Literarios por Compostela son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela. Ciclo de percorridos literarios por Compostela, que procuran outra ollada á historia e xeografía da cidade. A participación é … Sigue lendo

Rianxo: curso Ó redor de Castelao, dirixido por Carlos Mella, do 28 ao 31 de xullo

O curso da Universidade de Santiago Ó redor de Castelao terá lugar entre o 28 e o 31 de xullo, no Auditorio do Pazo de Martelo en Rianxo, sendo cofinanciado pola Deputación da Coruña, o Concello de Rianxo e a … Sigue lendo