Crónica videográfica da X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes… con historia (I)

A X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes… con historia, é unha actividade da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
Para recuperar e actualizar esa memoria, nesta décima edición da Xornada de Literatura de Tradición Oral –da man de coñecidas/os especialistas en toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía–, decidimos evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos coma se non, aínda están impresas no noso mapa emocional. Porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na alma das palabras.
Con esta iniciativa da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, a Asociación quere dar continuidade a unha colaboración coa Deputación de Lugo que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da literatura e que axuda a converter a capital lucense nun referente neste ámbito. A xornada tivo lugar o sábado 21 de outubro de 2017 no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Inauguración. Álvaro Santos Ramos, deputado:

Inauguración. Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:

Presentación da conferencia de Xulia Marqués Valea, por Antonio Reigosa:

Conferencia: Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego, por Xulia Marqués Valea:

Presentación da conferencia de Isidro Novo, por Antonio Reigosa:

Conferencia: Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio, por Isidro Novo:

Mesa redonda: Saber o seu nome sen perder a súa voz, con Xulia Marqués Valea e Isidro Novo:

Compostela: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez

O venres 17 de novembro, ás 20:30 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. Trátase dun traballo composto por un libro de poemas + un cómic + un cd con música de baleas + unha balea de papel. O cómic está debuxado por Tokio, e no cd participan Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz.

Compostela: presentación da tese de doutoramento de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao

O venres 17 de novembro, ás 11:00 horas, no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da tese de doutoramento Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación, por parte de Miguel Anxo Seixas. O tribunal está formado polo seu presidente, Ramón Villares Paz, o secretario, Borja de Riquer, e como vogal. Alicia Alted Vigil.

Fene: recital poético Voces do Obradoiro de Poesía. A Grafía da Emoción

O vindeiro xoves 16 terá lugar a última das sesións Obradoiro de creación literaria “Poesía: a grafía da emoción”, que vén impartido por Pablo Bouza desde o 14 de setembro. Este é tamén o último dos obradoiros dos que Escola de Escritores da AELG programou para este ano, neste caso coa colaboración do Concellería de Cultura do Concello de Fene e da súa Biblioteca Pública Municipal Xosé María Pérez Parallé, e co patrocinio da Deputación da Coruña e a Consellaría de Cultura.