I Premio Condado de Pallares
01 Agosto 2007
Bases. Até o 15 de novembro de 2007.
31 Xullo 2007
A exposición “Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego”será inaugurada o xoves 2 de agosto de 2007, ás 12:00 horas no Museo de Belas Artes da Coruña (Rúa Zalaeta, s/n). Intervirán D. Luís Bará Torres (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural), Dª. Mª Xosé Bravo San José (Concelleira de Cultura e Museos Científicos) e D. Carlos Biscaínho Fernández (Comisario da exposición).
27 Xullo 2007
«O intelectual Isaac Díaz Pardo declarou que a Medalla de Galiza que lle concedeu a Xunta supón un “fideicomiso” dos “ilustres galeguistas” que “loitaron” por Galiza “sobre todo no exilio” e, por iso, considerou a máxima distinción que outorga a Xunta, a “homenaxe nun vello” ás figuras que durante o século XX defenderon Galiza.» (GZnacion.com)
«A Fundación Alexandre Bóveda, vén de anunciar a entrega do seu premio
“Día da Galiza Mártir” á recuperación da memoria, ao historiador Dionisio Pereira. A fundación destaca o “labor investigador e divulgador da represión franquista” de Pereira, “dando a coñecer acontecementos, lugares e nomes que outros quixeron borrar de xeito violento da nosa lembranza, e promovendo a organización de actos de rehabilitación e reparación das vítimas da barbarie fascista”.» (GZnacion.com)
19 Xullo 2007
“O Goberno galego outorgaralle o próximo 25 de xullo a medalla de Galicia ó histórico galeguista por unha vida dedicada á cultura e á recuperación da memoria histórica”. (Galicia Hoxe)
12 Xullo 2007
“E assim, entre os dias 17 a 21 de Julho, 11 pessoas, das quais 6 som pintores/as (3 homens e 3 mulheres) e outras cinco, pessoas que participaram no encontro desde a videocreaçom, a fotografia, a poesia e a performance, conviviremos, comeremos, beberemos, falaremos e trabalharemos em Lombilho.
Das cinco pessoas que nom nos dedicaremos à pintura, quatro (Roberto Sanz, Federico Ariel, Reme Remédios e um servidor), trabalharemos individualmente e em conjunto para criar umha obra colectiva.” (Ovnis e isoglossas)
20 Xuño 2007
15 Xuño 2007
Este venres 15 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos d’ A Coruña () a presentación de Facer Merzbau non ou posible (”libro+dvd+autocolantes”), de Estevo de David Creus. A presentación incluirá un recital-performance a cargo destes dous irmáns ceenses.
15 Xuño 2007
A galeria de arte Dosmilvacas. a r t e (Avda. de Astorga, nº 7 bajo, Ponferrada) inaugura este venres 15 de xuño ás 21:30 horas a mostra colectiva “alimentARTE. Encuentro artístico literario y gastronómico”. Participan nela preto de 30 artistas e ofrece unha visión ampla e diversa das relacións entre o mundo da arte, a literatura e a gastronomía.
13 Xuño 2007
O venres 15 de xuño, ás 20:00 horas na libraría Follas Novas (Santiago), presentarase o libro Gravados rupestres nos montes de Carnota, de José Cernadas Sande. No acto intervirán José Manuel Vázquez Varela (catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e o propio autor.
.
05 Xuño 2007
Na Galería Sargadelos Ferrol vaise inaugurar a exposición de Alfonso Costa, con fotografías e gravados sobre Níxer. O acto terá lugar o xoves 7 de xuño, ás 20:00 horas. Presentará o acto o escritor Francisco X. Fernández Naval. Actuará o Grupo Ouriol, formado polos músicos: Fito Ares, Bernardo Martínez e a poetisa Eva Veiga. Tamén recitarán poemas sobre Níxer Alfonso Costa, Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. A exposición permanecerá aberta ata o 29 de xuño.
01 Xuño 2007
Hoxe, venres 1 de xuño, a exposición Poemas pola memoria estará aberta ao público na sala de exposicións do Antiguo Reino de Galiza, nos xardíns de San Carlos d’A Coruña. Permanerá aberta ao público durante todo o mes de xuño.
31 Maio 2007
Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões - Galiza)
29 Maio 2007
O venres 1 de xuño terá lugar ás 20:30 horas a presentación por parte de Juan Manuel Bonet do cartafol de gravados e poemas Haikús da Costa da morte, de Alfonso Armada e Antón Patiño, na Galería Antonio Machón (C/ Conde de Xiquena, 8, Madrid). O acto coincide coa mostra actual de Antón Patiño “Memoria líquida”, que se exhibe na Galería Antonio Machón até o día 7 de xuño de 2007.