Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Henrique Rabuñal presenta na Coruña a súa biografía sobre Álvarez Blázquez

24 Marzo 2008

Henrique Rabuñal presenta o martes 25 de marzo ás 20.00 horas no local de Portas Ártabras na Coruña (Rúa Sinagoga, 22) a súa biografía do protagonista das Letras Galegas 2008. Titúlase Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta, e fai o número 227 da editorial Laiovento. Henrique Rabuñal estará acompañado polo profesor da UDC Celso Álvarez Cáccamo, fillo de Álvarez Blázquez, e por Francisco Pillado Maior, director de Laiovento.

Henrique Rabuñal publica unha biografía de Xosé María Álvarez Blázquez

19 Febreiro 2008

A editorial Laiovento, sumándose á celebración do ano Álvarez Blázquez, publica unha biografía do protagonista das Letras Galegas 2008 da autoría do tamén escritor e profesor Henrique Rabuñal.
O libro, escrito cunha evidente vocación de síntese, repasa todas as etapas vitais, os grandes proxectos intelectuais e o conxunto da obra literaria de Xosé Mª Álvarez Blázquez, da que o libro de Rabuñal achega unha antoloxía con diversos textos, poemas e mesmo un relato íntegro. Por estas razóns ademais de servir para un lector habitual, o libro é unha excelente ferramenta para o mundo do ensino e unha boa introdución para quen queira profundizar nun dos múltiples aspectos que se abordan no libro.
O libro fai fincapé no labor de Álvarez Blázquez como editor e contén unha descrición sumaria pero exhaustiva de todos e cada un dos libros e textos do autor tudense.
Henrique Rabuñal, doutor en Filoloxía Galega e directivo da AELG, xa publicou outras biografías de éxito de importantes figuras da nosa cultura como Manuel Murguía, Xenaro Mariñas, o Padre Sarmiento ou Lugrís Freire.

Lois Diéguez falará na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña

08 Xaneiro 2008

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña informa da celebración dunha charla do escritor Lois Diéguez, intitulada “Dunha nación e dun tempo: autobiografía literaria”. Será o vindeiro xoves 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º), con entrada libre. (Asociación Cultural Alexandre Bóveda)

A AELG entrega documentación sobre os escritores á Real Academia Galega

19 Setembro 2007

«A Real Academia Galega (RAG) recibe hoxe unha serie de documentos proporcionados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Estes documentos consisten en fotos, biografías, mostras de obras, traducións, entrevistas e artigos publicados por ou sobre os escritores, entre outros; e pasarán a formar parte do Centro de Documentación de Escritores Galegos.» (Galicia-Hoxe.com)

Xosé María Álvarez Blázquez en Galaxia

22 Agosto 2007

«Editorial Galaxia publicará nos próximos meses unha biografía e unha antoloxía poética de Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén recuperaremos, na colección DOMBATE, a súa obra máis significativa, Canle segredo, e varios inéditos do autor, entre eles a súa narrativa galega completa. […] Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta tamén, fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, está a preparar unha Memoria do pai, na liña da súa exitosa Memoria de poeta (colección MEMORIA), e anotará a edición de Canle segredo, libro publicado en 1976 e escrito vinte anos antes (recibira o Premio do Centro Galego de Buenos Aires en 1954). Fixará definitivamente o texto o tamén poeta Rodríguez Baixeras.»

Posta en valor das casas de autores e autoras

19 Xuño 2007

(Consellería de Cultura)

Presentación n’A Coruña de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

08 Xuño 2007

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada na Libraría Couceiro d’A Coruña (Praza do libro) o mércores 13 de xuño ás 20:30 horas. No acto intervirán Arsenio Ferraces (profesor de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña), Carlos Velasco (profesor de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña) e o propio autor.

Actos da A. C. O Facho da Coruña

11 Maio 2007

“A Agrupaçom Cultural O Facho organiza os seguintes actos para o dia 15:
-Às 12:00 horas do 15 de Maio de 07, O Facho fará umha oferenda floral diante do Monumento ao poeta Curros Enríquez nos Cantões, em lembrança e reconhecimento da obra poética de Maria Mariño.
-Às 20:00 horas a professora Dores Valcárcel Guitiám mostrará um esboço da vida e obra de Maria Mariño, fazendo umha exposiçom sobre os aspectos e próprios da poética da homenageada. Local: Paideia (Praça de Maria Pita, A Corunha).”

Presentación en Compostela de “Ramón Martínez López”, de X. Amancio Liñares Giraut

30 Abril 2007

A obra biográfica Ramón Martínez López, de X. Amancio Liñares Giraut, será presentada na Feira do libro de Compostela (Alameda) o mércores 2 de maio ás 19:00 horas. No acto intervirán o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, os escritores Xoán Xosé Fernández Abella e David Otero e o propio autor.

Premio Concepción Arenal 2008