Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Guía de mamíferos de Galicia (Bahía Edicións), ilustrado por Calros Silvar, Premio Isaac Díaz Pardo

17 Decembro 2007

Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas ao Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do 2007, co que se pretende recoñecer un libro ilustrado editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2006 e o 30 de novembro de 2007. Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas resultaron finalistas as seguintes obras: son “Guía de mamíferos de Galicia”, ilustrado por Carlos Silvar (Baía Edicións), “Minimaladas”, ilustado por David Pintor (Edicións Xerais de Galicia), e “Titiritesa”, ilustrado por Mauricio A. C. Quarello (OQO Editora). Trala derradeira votación resultou gañadora BAÍA EDICIÓNS por “Guía de mamíferos de Galicia”, ilustrado por Calros Silvar.» (AGE)

I Encontro de Poesía en Lugo

27 Novembro 2007

«Os días xoves 29 e venres 30 de novembro celebrarase en Lugo o I Encontro de Poesía cunha grande parte dos poetas galegos de máis renome (Manolo Rivas, Yolanda Castaño, Luz Pozo, Álvarez Caccamo…). Tamén se contará coa presenza de moitas personalidades como o alcalde de Lugo (na inauguración) ou o Ministro de Cultura (na súa clausura).» (Dirección de RNE Galicia)

Xosé A. Fraga falará n’ A Coruña de “Ciencia e cidade”

24 Setembro 2007

O xoves 27 de setembro terá lugar a conferencia de Xosé A. Fraga titulada “Ciencia e cidade. A actividade científica na Coruña na segunda metade do século XIX”. Ás 20:30 horas no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18, 1º).

Presentación en Compostela de “A pegada socioecológica do sistema enerxético galego”

05 Xuño 2007

O martes 5 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, 19 - Santiago de Compostela) presentarase o libro A pegada socioecolóxica do sistema enerxético galego, de Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó.

Premio Concepción Arenal 2008