Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Alberto Lema na Sargadelos da Coruña

02 Xullo 2008

O martes 8 de xullo, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Alberto Lema cunha intervención titulada “PLAN DE FUGA. Historia da literatura, declinar o (im)-posible”, nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.

“Unha noite na biblioteca” de Gondomar

20 Xuño 2008

«O vindeiro sábado 21 de xuño celebraremos unha experiencia innovadora e atrevida no ámbito do fomento da lectura: unha noite na biblioteca, organizado por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar. O programa […] consta de dúas partes. A primeira é para nenos e nenas de todas as idades e a asistencia é totalmente libre e celebrarase no exterior, na Praza de Portugal, diante da Biblioteca. A segunda parte do programa celebrarase na biblioteca e é necesario inscribirse. Hai 25 prazas e daráselle preferencia aos nenos e nenas que participaron ao longo do curso nas nosas actividades de fomento da lectura (Contomar ou Lendo Contigo). Estamos seguros de que será unha fermosa e intensa noite de pixamas na biblioteca. […]» (Espazo Lectura)

Pilar Beiro na Sargadelos da Coruña

13 Xuño 2008

O martes 17 de xuño, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Pilar Beiro cunha intervención titulada ICH LIEBE DICH (Escribir en feminino facendo das tripas voz), nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.

Último aviso para a viaxe literaria a Lóuzara

13 Xuño 2008

O próximo sábado 14 de xuño realizaremos a nosa viaxe literaria a Lóuzara,
para recitar aos outeiros os versos do Fiz que voarán polo ceo do seu val
como bolboretas preñadas de ilusións. Ver aquí referencias anteriores.

Xavier López Rodríguez no “Lendo Contigo” de Gondomar

30 Maio 2008

Este sábado 31 de maio, ás 12:00, Espazo Lectura celebrará na Biblioteca Pública de Gondomar a sexta sesión do club de lectura compartida “Lendo contigo”. O libro proposto é A serea do deserto, de Xavier López Rodríguez, que estará presente para falar da súa obra.

Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura

23 Abril 2008

O escritor Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura. A VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’ -organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka- celebra esta semana dúas actividades formativas para adultos impartidos pola Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) e o escritor Xabier Docampo.
O mércores 23, coincidindo co Día do Libro, a educadora María Alonso González, de BATA, impartirá unha charla titulada “Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura”, na que vai ofrecer métodos para o achegamento ao libro para as persoas con discapacidade intelectual. (KALANDRAKA)

Premio Concepción Arenal 2008