Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Valencia: os encontros GALEUSCA chegan á súa XXV edición

06 novembro 2008

(A Coruña, 5 novembro 2008).- Mañá xoves día 6 de novembro, no vóo que sae de Lavacolla ás 21,20 horas, sairá en dirección a Valencia a delegación galega que participará na XXV edición de Galeusca.
Organizada pola asociación de escritores en lingua catalana, os encontros Galeusca chegan á súa XXV edición, a celebrar no País Valenciano, nas localidades de Valencia e Sueca. Celebraranse en Valencia e Sueca do 7 ao 9 de novembro de 2008.

V Simposio O libro e a lectura: “O libro galego no mundo: presente e futuro”

04 novembro 2008

(AGE)

A Coruña: Yolanda Castaño conferenciará na Universidade

04 novembro 2008

Yolanda CastañoEncadrada no III Ciclo de conferencias Escritores/as na Universidade, mañá mércores día 5 de novembro ás 12:30 terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (Campus da Zapateira)a intervención da escritora Yolanda Castaño.

XXV edición dos encontros GALEUSCA

31 outubro 2008

(A Coruña, 31 outubro 2008).- Organizada pola asociación de escritores en lingua catalana, os encontros Galeusca chegan á súa XXV edición (ver programa), a celebrar no País Valenciano do 7 ao 9 de novembro nas localidades de Valencia e Sueca.
Trátase do primeiro encontro tras a constitución o pasado 15 de xuño da Federación Galeusca, que agrupa ás asociacións de escritores en lingua catalana, éuskaro e galega.
O tema central desta XXV edición xira arredor da “literatura e a paisaxe do eu”, co obxectivo de despregar e afondar na literatura como un espazo de construción do propio suxeito e as súas múltiples concrecións. Até que punto cando escribimos sobre os diferentes aspectos que nos rodean non falamos de nós mesmos? Até que punto non nos construímos a partir da reflexión feita na propia obra? Ou á inversa, cando algúns escritores, reflexionando sobre a propia experiencia, foron capaces de implicar toda unha xeración ou visión do país.
Doutro lado, o suxeito do século XXI é un suxeito cambiante que deu lugar a pseudobiografías ben persoais, xa sexa pola historia vivida e interpretada, xa sexa pola vontade de facerse unha subxectividade en liberdade que se afaste dos estereotipos herdados, un aspecto que tamén inclúe os modelos sexuais prefixados.
Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o tema en tres sesións de traballo:

1. “Sobre paisaxes propias”, onde os relatorios centraranse sobre a propia ficción, sobre a propia obra literaria, convertindoos nun espazo de reflexión autobiográfica persoal e colectiva;
2. “O dietarismo, unha forma de reflexión”, centrada no xénero literario do dietario, baixo as distintas formas, persoal, cultural, literaria, de reflexión persoal e colectiva;
3. “Este experimento que se chama eu”, abordando temas de constitución do individuo e da creación da propia subxectividade, tamén sexual, sen esquecer as referencias ás novas linguaxes experimentais que levan a cabo as voces máis novas de cada literatura.

Como actividade paralela celebrarase un recital literario coa participación de tres escritores/as de cada unha das tres asociacións.

Os/as membros da delegación galega son:
Marica Campo
Francisco Castro
Manuel Forcadela
Agustín Fernández Paz
Anxos Sumai
Marilar Aleixandre
Isidro Novo
Xerardo Méndez
Carlos Negro
Antía Otero
Mercedes Queixas
Elvira Riveiro Tobío
Xan Arias
Xavier Queipo
Cesáreo Sánchez Iglesias

(Gabinete de Comunicación da AELG; tel: 660 530 525; correo-e:  prensa at aelg.org)

A Coruña: Francisco Salinas Portugal falará sobre o discurso historiográfico

31 outubro 2008

Francisco Salinas PortugalA Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2008-9. O vindouro dia 5 de Novembro, ás 8 do serám na Fundaçom Caixa Galiza (Cantom Grande) , o Professor da Universidade de A Corunha Francisco Salinas Portugal falará dentro do ciclo, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre: O Discurso da História e a Construçom Nacional: Galiza, Angola, Brasil.

A Coruña: Teresa Moure conferenciará na Universidade

29 outubro 2008

Teresa MoureEncadrada no III Ciclo de conferencias Escritores/as na Universidade, mañá mércores día 29 de outubro ás 12:30 terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (Campus da Zapateira)a intervención da escritora Teresa Moure.

II Bienal Literaria Internacional “De pedra e de palabra”

23 outubro 2008

Terá lugar no Auditorio do CGAC do 25 ao 30 outubro 2008, con organización do Centro P.E.N. de Galicia, patrocinio do Consorcio de Santiago e colaboración de: International P.E.N., Consellería de Cultura e Deporte, USC, S. X. de Política Lingüística, CGAC, Deputación de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, Ministerio de Cultura e NERIA.

PROGRAMA

[more...]

Compostela: conferencia de Francisco Rodríguez

22 outubro 2008

Francisco RodrguezO 22 de outubro, ás 20:00, Francisco Rodríguez (Catedrático de Lingua e Literatura e Secretario de Formación do BNG) ofrecerá unha conferencia sobre “Censura e ignorancia: A necesidade da recuperación da historia medieval galega”. Será no Patio de Madres, nº 15, baixo. (Asociación Cultural O Galo)

Francisco X. Fernández Naval en Culleredo e na Coruña

20 outubro 2008

Francisco X. Fernández NavalO mércores día 22, ás 20,00 horas na biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa-Culleredo, terá lugar un recital poético de Francisco X. Fernández Naval. Participarán no acto tamén Celestino Poza e Carlos Martínez.
O xoves día 23, ás 20,00 horas na biblioteca Miguel González-Garcés da Coruña, o escritor ofrecerá a conferencia AS CREBAS, CULTURA DO REFUGALLO DO MAR, con proxección de imaxes de Maribel Longueira.

A Coruña: Carlos Garrido Rodrigues falará sobre “Léxico galego: ingenuidades, imposturas e escándalos”

17 outubro 2008

«A Agrupaçom Cultural “O Facho” de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras publicas e abertas do período 2008-09. O dia 22 de Outubro, quarta-feira (mércores), o Professor da U.V. Carlos Garrido Rodrigues falará dentro do Ciclo, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre “Léxico galego: ingenuidades, imposturas e escándalos”.»

Vídeo: III Encontro de novos/as escritores/as AELG (4/5)

07 outubro 2008

Vídeo: III Encontro de novos/as escritores/as AELG (3/5)

07 outubro 2008

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería