Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Máster oficial en lingua e usos profesionais: español-galego-inglés

16 Xullo 2008

O máster en Lingua e usos profesionais (español/ galego/ inglés) integra materias dos ámbitos lingüístico, tecnolóxico e das ciencias sociais.
O prazo para a preinscrición estará aberto de 1 de xullo a 14 de agosto de 2008.
A formalización de matrícula terá que realizarse no mes de setembro. (Universidade da Coruña)

IV Curso de verán sobre dinamización lingüística en Carballo

04 Xuño 2008

Xa está aberto o prazo de preinscrición para a IV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo en Carballo. O curso está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e nel colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Carballo, a Cooperativa Tagen Ata e a Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua. O tema desta edición e o das novas tecnoloxías aplicadas á dinamización lingüística: os novos contextos da sociedade do coñecemento e do multilingüismo.

Convocatoria, programa e folla de preinscrición en http://www.udc.es/snl/ (Servizo de Normalización Lingüística Universidade da Coruña)

Curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística

07 Marzo 2008

Será o venres 28 de marzo e os 4 e 11 de abrilna Facultade de Filoloxía da USC. O prazo de inscrición é até o 17 de marzo. Información completa na páxina da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

“O futuro do galego nunha Europa multilingüe”, xornada ofrecida pola Universidade da Coruña

13 Febreiro 2008

Coincidindo co Día das Linguas, o vindeiro 21 de febreiro o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña organiza unha xornada de análise baixo o título “O futuro do galego nunha Europa multilingüe”.
O acto contará coa participación de intérpretes galegos que desenvolven en varias linguas o seu labor profesional en instancias da Unión Europea, os cales falarán sobre a xestión das linguas en espazos multilingües e o papel das linguas minoritarias neste contexto. Como peche tamén se proxectará o documental Linguas cruzadas. (Universidade da Coruña)

GALEUSCA 2007: do 1 ao 4 de novembro en Lugo e Mondoñedo

31 Outubro 2007

O 1 de novembro comeza a edición deste ano do Galeusca, asentado nesta ocasión en Lugo e Mondoñedo. Para saber como chegar, o tema desta xuntanza, datos sobre os relatores e os seus relatorios, entre outras informacións, consúltese a web do Galeusca 2007.

Curso sobre cultura contemporánea portuguesa na USC

17 Xullo 2007

(Vieiros)

“Máster en lingua e usos profesionais”, na Universidade da Coruña

19 Xuño 2007

“O Máster en lingua e usos profesionais forma parte do programa oficial de posgrao Lingua e usos profesionais da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Cursar o máster completo conduce á obtención do título oficial de “Máster en lingua e usos profesionais” na especialidade escollida (español, galego ou inglés). Este título, novo e único en todo o sistema universitario galego, ten validez en toda a Unión Europea. […] Porque o mercado laboral demanda persoas cunha alta cualificación lingüística que saiban actuar en entornos multidisciplinares, posúan habilidades comunicativas, coñezan e manexen linguaxes específicas, dominen o entorno virtual e as novas tecnoloxías, saiban xestionar e organizar a información e poidan crear contidos para calquera medio ou soporte.” (Facultade de Filoloxía - Universidade da Coruña)

“Cultura e artes do Portugal contemporâneo”: curso en Compostela

31 Maio 2007

Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões - Galiza)

Premio Concepción Arenal 2008