“A Galería Sargadelos Ferrol comprácese en convidalos ao recital poético en homenaxe a María Mariño que terá lugar o vindeiro venres 18 de maio, ás 20:00 horas, no que intervirán: Mª Carmen Canto, Matilde Castro, Loreto de Castro, Nuria García Gonzalo, Mariola Hermida, Dulce López Rivera, Angélica Mosconi Domínguez, Xaime Pereira, Álex Pérez, Pilar Pita Sánchez, Esther Val, Aurora Varela e Sara Vigo.” Máis información en: Actos, Día das Letras, Poesía |
16 maio 2007
- Das 11:30 ás 14:00 horas, de María Pita ao adro da Colexiata: “Cortexo cívico polas casas da xente da cultura, que viveu na Cidade Vella da Coruña e aínda máis”. Actos organizados pola Asociación de Veciños da Cidade Vella da Coruña.
-Ás 17:00 horas no MACUF: obradoiro para rapaces. Véxase nota anterior.
Actos, Día das Letras, Obradoiros |
16 maio 2007
Hoxe 16 de maio ás 20:00 horas, no espazo de Caixa Galicia de Juan Flórez, terá lugar un recital de poesía a cargo de Olga Patiño, Enma Pedreira, e Diego Cousillas. Lucía Aldao acompañará á guitarra.
Actos, Día das Letras, Música, Poesía |