Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

O goberno español rebaixa ao 4% o IVE do libro dixital

16 decembro 2009

Durante o acto de presentación do proxecto ENCLAVE, a Ministra de Cultura Ángeles González-Sinde anunciou a equiparación do IVE do libro dixital ao libro de papel, que pasará do 16% actual ao 4%. Máis información, na nota de prensa do Ministerio.

Santiago: simposio O libro e a lectura. O libro dixital: presente e futuro

11 novembro 2009

simposio

A Asociación Galega de Editores (AGE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) organizan, coa colaboración do Consello da Cultura Galega, o VI Simposio O libro e a lectura. O libro dixital: presente e futuro, que terá lugar o xoves 12 e o venres 13 novembro nas instalacións do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Arredor de 120 persoas asistirán a este debate sobre o formato do libro electrónico. Podedes descargar o programa en PDF neste enderezo.

Xerais pon á venta os seus primeiros libros electrónicos

10 novembro 2009

Edicións Xerais vén de poñer á venta os primeiros libros electrónicos do seu catálogo, Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras. Os libros poden ser descargados dende o espazo de Xerais en Todoebook. Polo momento só poden obterse en formato PDF-Adobe DRM, aínda que nos vindeiros días estarán dispoñibles tamén en E-PUB. Máis información, no blog de Xerais.

10 Galaxia publicará 50 eBooks antes de fin de ano

10 novembro 2009

Editorial Galaxia porá no mercado dixital 50 títulos da literatura galega antes de fin de ano. Trátase dunha primeira fase dun proxecto que ao longo do ano 2010 irá incorporando ao libro electrónico o catálogo completo da editorial (1500 títulos aproximadamente), tanto de autores clásicos como contemporáneos. En colaboración con Publidisa, e na mesma liña estratéxica que iniciou hai un ano con Google Books, Galaxia desenvolverá no próximo ano a primeira librería dixital do libro galego: descargas para eBooks e noutras plataformas. Máis información, no blog da editorial.

Xerais publica en soporte dixital Unha conversa con Ramón Piñeiro

18 maio 2009

Unha conversa con Ramón Piñeiro de Suso de Toro é o primeiro libro que con motivo da efeméride do 17 de maio de 2009 publica a editorial Xerais en soporte exclusivamente dixital. Pode baixarse gratuitamente en PDF dende aquí (30 páxinas, 113 KB).

  • Vexa as fotos da AELG no Flickr
    * * *
  • Vexa a actualidade AELG desde o Achegarte no YouTube da Axenda Cultural
    * * *
    * * *
  • Esta páxina conta co apoio da