Novo número de Foeminas (Revista Virtual de Xénero)
27 agosto 2008
Xa está disponíbel o número 29 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
27 agosto 2008
Xa está disponíbel o número 29 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
25 agosto 2008
O 11 de setembro terá lugar a presentación da novela de la escritora Stella Maris Latorre El sastre de Lugo (Gárgola Ediciones/Ed. Cuatro Vientos). Será ás 17:00 no histórico Café Tortoni de Bos Aires (Avenida de Mayo 829, Sala Alfonsina Storni). A presentación estará a cargo da licenciada Ana María García Albors, e será amenizada co show da parella de tango “Fátima y Peter”. A escritora asinará exemplares.
22 agosto 2008
O martes 26 de agosto ás 19:00, na Biblioteca de Estudos Locais (Casa da Cultura Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga), terá lugar un recital poético musical con motivo da presentación do libro A Coruña. A Luz das Letras (Editorial TRIFOLIUM). Esta actividade é organizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e pretende commemorar o 800 aniversario da fundación da cidade da Coruña. A publicación consta de escritos sobre a cidade de arredor de 50 autores e autoras galegos.
Celebrarase ademais un recital poético a cargo dalgúns dos colaboradores do libro: Eva Veiga, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Salvador García-Bodaño e Xavier Alcalá.
20 agosto 2008
O acto terá lugar o 27 de agosto ás 18:30 no Salón de Actos Maruxa Boga (25 de Mayo 555 PB - Bos Aires). A presentación correrá a cargo de Badi Lestani, quen establecerá un diálogo co autor, e contará coa presenza da delegada da Xunta de Galicia María Xosé Porteiro e a presidenta do Centro Betanzos Beatriz Lagoa Veiga.
18 agosto 2008
«Carballo acollerá entre o 21 e o 24 de agosto unha nova edición da Praza dos Libros, unha feira literaria que ten como obxectivo a promoción da lectura, das librarías da comarca, dos autores galegos e da cultura de rúa. Durante catro días o Xardín Municipal acollerá dez casetas que se encherán de libros, actividades lúdicas, presentacións, música, escritores e incluso recitais poéticos para que os veciños e veciñas poidan desfrutar dos libros.» Vexa o programa. (Concello de Carballo)
12 agosto 2008
A triloxía Evanxélica memoria (Galaxia), composta polas novelas de Xavier Alcalá Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007), foi celebrada polo editor Víctor Freixanes e o crítico literario Alfredo Ferreiro con motivo da Feira do libro da Coruña de 2008. O autor, que había de participar propiciando un coloquio sobre a súa obra, non puido estar presente por motivos persoais; porén, si se puido contar coa testemuña principal do literaturizado na obra, Manuel Molares, quen confirmou a fidelidade do autor co acontecido e relatado por el. (Blogue de Xavier Alcalá)
11 agosto 2008
Publícase <em>A conta atrás</em> (Faktoría K), unha novela gráfica inspirada na catástrofe do Prestige. Con guión de Carlos Portela, ilustracións de Sergi San Julián, prólogo de Manuel Rivas e entrevista de Álvaro Pons.
08 agosto 2008
O 14 de agosto presentarase en Buenos Aires a novela El sastre de Lugo, de Stella Maris Latorre (Gárgola Ediciones/Ed. Cuatro Vientos). A presentación correrá a cargo do escritor e Secretario de Actas da Sociedad Argentina de Escritores Rubén Darío Gasparini e contará coa presenza da autora. Será ás 17:30 no Salón de Actos Maruxa Boga 25 de Mayo, 555, PB. CA Buenos Aires.
07 agosto 2008
O 10 de agosto Farruco Graña presentará na Feira do libro da Coruña o libro O bosque de Nadgor (Asociación Cultural Francisco Lanza). Xunto co autor participará no acto o escritor Xan Fraga.
07 agosto 2008
O libro de Henrique Rabuñal que, con portada de Urbano Lugrís, se subtitula “Antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre A Coruña”, leva un prólogo do alcalde da Coruña Javier Losada e contén poemas de temática coruñesa de 24 autores contemporáneos; entre eles Rosalía, Curros, Pondal, González Garcés, Luz Pozo, Uxío Novoneyra, César Antonio Molina, Xavier Seoane e Manuel Rivas. Henrique Rabuñal ademais de seleccionar os poemas presenta a biografía dos autores incluídos e mantén na súa obra que nela é cantada “A Coruña burguesa e a obreira, a Coruña das liberdades, a Coruña democrática, todas esas Coruñas que son unha illa núa, unha lingua azul, unha baía e unha patria”. A publicación encádrase dentro das actividades do programa “A Coruña 1208-2008″.