Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. Faneca Brava, de Manuel Portas. Edicións Xerais.
2º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos e Ese mundo que teño de meu, de Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia.
3º-. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, Pen Club.
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
ENSAIO-TEATRO
1º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
3º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
4º-. Do estigma á estima, de Valentina Formoso, Edicións Xerais.
5º-. Cantares gallegos hoxe, de Pilar García Negro, Alvarellos Editora.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Xogos musicais, de Luís Prego, Edicións do Cumio.
2º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. A galiña roxa, Pilar Martínez e Marco Somà, Kalandraka.
3º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Palestina, de Joe Sacco (tradución de Rafael Salgueiro), Rinoceronte.
3º-. Goražde, zona segura, de Joe Sacco (tradución de Rafael Salgueiro), Rinoceronte.
A
cuarta feira 15 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións de Novagaliciabanco da Estrada, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Cultural Vagalumes e Queremos Galego da Estrada.
O
xoves 16 de maio, ás 19:00 horas, en El Corte Inglés de Marineda (no polígono de Agrela) da Coruña, preséntase Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, de Antón Cortizas, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
O
martes 14 de maio bota a andar a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados nestes dous días:
Martes 14
- 19:00 h. Inauguración da feira. Actuación dos alumnos do Conservatorio de Música de Lugo. Intervencións institucionais. Dentro da programación inaugural, actuación de María Lado e Lucía Aldao, co seu espectáculo de poesía, historias e música Con dez poemas por barba.
- 20:00 h. Urdime Teatro representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
Mércores 15
- 19:00 h. Presentación do libro Feminismos, da escritora María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais. Xunto coa autora do libro, participará no acto Encarna Otero. Ao remate da presentación, a escritora asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Trama.
- 20:00 h. Coloquio con humor: Contos das 3.651 noites. Divertidos relatos a cargo de Lois Pérez.
O
luns 13 de maio, ás 20:30 horas, no Casino de Carballo, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños.
O
martes 14 de maio, ás 17:30 horas, no Centro Cívico de Arteixo, preséntase Un chapeu negro e un nariz de pallaso, de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez Veloso, publicado en Galaxia. No acto participan o autor do documental e Fran Naveira.
O día seguinte, o mércores 15 de maio, ás 19:30 horas, preséntase tamén na FNAC (Praza de Lugo) da Coruña, coa presenza de Gonzalo Enríquez Veloso e Francisco Castro.