Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Habanera conmemorativa do centenario do Himno galego n’ A Estrada

28 xuño 2007

O sábado 30 de xuño, ás 21 horas no Teatro Principal da Estrada, terá lugar a estrea da habanera galega Cen anos hai, conmemorativa do Centenario do Himno galego. A interpretación estará o cargo ao cargo da Coral Polifónica Estradense, que actuará acompañada da Agrupación Coral Pazo de Oca e da Coral do Centro Social da Estrada. O texto do libreto repartirase no acto xunto coa partitura. A organización quere lembrar o feito de que “a idea de compoñer unha habanera en galego xurdiu na mesma cidade da Habana, e precisamente no mesmo lugar onde tivera lugar a solemne estrea do Himno Galego.”

Nº 10 d’ “O pazo das musas”

22 xuño 2007

O xoves 28 de xuño presentarase o número 10 d’ O pazo das musas, revista oral de periodicidade trimestral editada polo Museo Provincial de Lugo. Será ás 20:00 horas no Refectorio do Museo Provincial de Lugo.

Presentación en Ourense de “Teoría de Galicia…”, de Ramón Otero Pedrayo

04 xuño 2007

Alvarellos Editora o Liceo de Ourense organizan un recital e a presentación da obra Teoría de Galicia. Artigos esquecidos en “Vida Gallega”, 1926-1963, de Ramón Otero Pedrayo. Será o martes 5 de xuño de 2007, ás 17: 30 horas no Salón Noble do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, 5). Participarán o profesor historiador e autor do limiar Marcos Valcárcel, as recitadoras do Liceo Tereixa Devesa e Loli Conde, e o editor Henrique Alvarellos.

Iª Festa da narración oral, en Arca - O Pino

31 maio 2007

A Iª Festa da Narración Oral celebrarase en Arca - O Pino (A Coruña) o sábado 7 de xullo de 2007. Está aberto o prazo de inscrición (consultar aquí). Na Festa haberá actividades de formación de educadores e educadoras (previa inscrición). Haberá tamén actividades abertas ao público de todas as idades, incluída a de contar contos (gratuíta, previa inscripción tamén).
Durante a xornada intervirán, entre outros/as: Carlos Blanco, Cándido Pazó, Miguel de Lira, Pepe Penabade, Paula Carballeira, Iolanda Aldrei, Pepa Yáñez, Xabier P. Docampo, Ugia Pedreira e o ilustrador Xosé Cobas.

“Cultura e artes do Portugal contemporâneo”: curso en Compostela

31 maio 2007

Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões - Galiza)

Festa das Letras en Boiro

15 maio 2007

Na Festa das Letras María Mariño en Boiro terán lugar as seguintes presentacións:

-As voces de María Mariño, libro-cd editado por La Voz de Galicia;
-Retrato dunha vida, creación audiovisual de Suso Xogaina;
-Versos que comezan, iniciativa de Barbantia na rede, homenaxe á poeta;
-Verba do tempo, espectáculo do grupo Ouriol con voz de Eva Veiga, música de Bernardo Martínez e Fito Ares, iluminación e escenografía de Alfonso Costa.

O acto contará coa participación das actrices Flor Maceiras e Rebeca Montero; Xosé Deira Triñanes, alcalde de Boiro; Tucho Calvo, escritor e xornalista de La Voz de Galicia; Antón R. Gallardo, historiador; Xerardo AgraFoxo, biógrafo da poeta; e Adolfo Muíños, coordinador de Novas Tecnoloxías de Barbantia. Será o vindeiro mércores 16 de maio, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro.

“As horas de María”, de Paco Souto, convertido en espectáculo

11 maio 2007

As horas de María é un espectáculo multidisciplinar onde converxe a poesía, a música e a fotografía da man de Paco Souto, Serxio Moreira e Peter Schneider.” Este espectáculo, que ten como base o libro con que Souto gañou o Premio de poesía Johan Carballeira 2006, pode ser contratado no número 675607127.

Premio Concepción Arenal 2008