Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Santiago Jaureguizar gaña o VIII Premio Terra de Melide

09 xuño 2008

«Jaureguízar é máis de Kafka que de Valle-Inclán. Lembra o moito que leu ao escritor alemán cando tiña vinte anos ou cando acudía ao circo para ver como o domador se metía na gaiola dos leóns. Algo daquilo chegou até a súa novela O Globo de Shakespeare que o sábado recibiu o VIII Premio Terra de Melide, dotado con 6.000 euros, sobre o descubrimento do manuscrito do primeiro Hamlet, perdido dende finais do século XVI e agochado nun pazo do Ribadeo do século XXI. [...]» (Galicia-Hoxe)

Manuel Lourenzo González gaña o Premio Xerais de novela 2008

09 xuño 2008

(Vieiros)

Francisco Rozados gaña o X Certame de narración curta Ánxel Fole

10 abril 2008

«Do relato gañador, O vestiario máxico do abade, do pontevedrés Francisco Rozados, destacaron “o discurso Cunqueirano, a súa riqueza de vocabulario e a súa calidade literaria”. Do segundo clasificado, As sete tristes notas do meu vals, da ceense Rocío Leira, destacaron o feito de que como un relato tan breve poida enganchar ao lector pola súa poesía, a súa lírica e a súa densidade. O premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, contou este ano con 38 candidatos na categoría de galego.» (Vieiros)

Inma López Silva gaña o “Blanco Amor” 2008

07 abril 2008

(A Nosa Terra)

Chelo Suárez Muíños gaña o Premio Erotismo Narrativas Quentes

02 abril 2008

A coruñesa Chelo Suárez gañou o certame coa súa novela Os Milagres de Cristamar, unha historia “irreverente”, cunha linguaxe elaborada e trasfondo lírico.

Rubén Ceide Martínez gaña o XXXIII Premio nacional de narracións curtas Modesto R. Figueiredo

17 decembro 2007

Ditame do XXXIII Premio nacional de narracións curtas Modesto R. Figueiredo, da Fundación do Pedrón de Ouro (en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense):
Primeiro premio:
A caixa da costureira, de Rubén Ceide Martínez, de Lugo.
Segundos premios para:
Esperado regreso, de Alberto E. Aneiros, de Compostela.
Desartellados, de Manuel Quintáns López, de Compostela.
O xurado recomendou a publicación de:
Breve historia do pensamento contaxioso, de Xosé Luís Martínez Pereiro.
O ascensor, de Chelo Suárez Muíños.
Bonaval, de Adolfo Caamaño Vázquez.

O Acto de entrega será o 29 de decembro no Concello de Ourense.

Cea “García Barros”

14 decembro 2007

«Con posterioridade á entrega do Premio García Barros a Francisco Castro, o Concello da Estrada e Editorial Galaxia organizaron este ano, por primeira vez, unha Cea Literaria na que escritores, críticos e editores reflexionaron ao redor dun tema central relacionado coa obra premiada.

Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre “Ficción e verosemellanza: da imitación da realidade á novela histórica”. [...]» (Editorial Galaxia)

Xosé Manuel Pacho Blanco gaña o XIX Premio Torrente Ballester

16 novembro 2007

«A obra A choiva do mundo do avogado e profesor de Dereito Xosé Manuel Pacho Blanco, obtivo o XIX Premio de Narrativa Torrente Ballester, convocado pola Deputación da Coruña. O galardón está dotado con 25.000 euros e a publicación da obra premiada.» (Xeración Web)

Entrega do II Premio de narrativa breve REPSOL YPF a Anxos Sumai

13 novembro 2007

Será na Fundación Luís Seoane d’ A Coruña o 15 de novembro ás 20:30 horas.

Ramón Caride gaña o Premio Lueiro Rey

13 novembro 2007

«O título marca o regreso do autor á literatura de adultos, logo de dedicar ao público máis xuvenil os seus últimos traballos. Trátase dunha novela histórica ambientada no século XVI que percorre diversos espazos da xeografía española.» (La Voz de Galicia)

Premio Concepción Arenal 2008