María Nieves Soutelo gaña o XX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
17 decembro 2007
(Vieiros)
07 decembro 2007
19 novembro 2007
«O xurado formado polos/as escritores/as Lino Braxe e Xiana Arias e a crítica literaria Ana Salgado acordou, o pasado sábado, concederlle o premio desta edición á obra Debaixo de Dziga Verlov hai unha buxaina, da autoría de Valentina Carro Padín, salientando que se trata dunha “aposta de recuperación da mellor tradición vangardista”. [...] A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, 24 de novembro, a partir das 20 h nos locais do CMI Unidade de Fene.» (Fene Cidadán)
Así mesmo, o xurado acordou conceder un accésit ao libro Metal central, de Alfredo Ferreiro.
23 outubro 2007
“A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Pura e Dora Vázquez xa ten gañador: o escritor Miro Villar. E unha finalista, Concha Blanco. Ambos de Cee, coa obra Os poderes máxicos de Aitema.
Villar, profesor de lingua e literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico literario, alzouse co galardón literario polo seu orixinal O nariz de Fiz. Segundo a valoración do xurado, o orixinal do escritor que formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte, «recolle a historia dun particular Pulgarcito galego, trátase dunha historia doutro tempo escrita cun rico léxico e no que se fomentan amplos valores positivos como o de amizade, familia…» [...]” (La Voz de Galicia)
28 agosto 2007
Segundo fontes do propio Concello de Vilalba, o primeiro premio foi concedido a María Goretti Fandiño Caamaño, de Vilagarcía de Arousa. O segundo premio será para Xosé Otero Canto, de Ponte Outeiro (Castro de Rei).
14 agosto 2007
O escritor ferrolán Alberte Momán recibirá o 1º premio do II Certame de poesía erótica Illas Sisargas pola súa obra Baile Àtha Cliath. Asimesmo, o xuri decidiu outorgar un accésit á obra Baixo o Sol de Mesina, de Lino Braxe. O premio foi convocado pola Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica de Bergantiños.
26 xullo 2007
“O premio, convocado para libros de poemas escritos en galego ou portugués, ten unha dotación de 12.000 euros e inclúe a publicación da obra na colección Poesía de Edicións Espiral Maior cunha tiraxe de 2.000 exemplares.
No momento de anunciar o gañador estiveron presentes os membros do xurado e críticos literarios Xavier Baixeras e Xosé María Álvarez Cáccamo, xunto co director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello.” (Galicia-Hoxe.com)
14 xuño 2007
Xosé Luís Martínez Pereiro gaña a sétima edición do Premio Antonio Prados Ledesma do Concello de Viveiro. (Concello de Viveiro)
14 maio 2007
“Este sábado 5 de maio tivo lugar en Teo o fallo do Premio de Poesia María Mariño convocado pola Asociación Teenses pola Igualdade e patrocinado pola compostelana Librería, Follas Novas. Un xurado de luxo composto por Marilar Aleixandre poeta , Salvador García-Bodaño, escritor e membro da Real Academia Galega, Xosé Amancio Liñares Giraut, escritor, Mª Camiño Noia escritora e Helena Villar presidenta do Padroado Rosalía de Castro decidiron elexir como gañador dos 1.000 euros correspondentes o primeiro premio a Adolfo Caamaño Vázquez polo poema entitulado Elexía dos Aléns. Resultou gañador do segundo premio dotado con 500 euros, Marcelino Sisto Deibe que se presentou co poema Xinete no cabalo da memoria. Tanto o Xurado como a representante de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia manifestaron á súa satisfacción polo alto grao de participación a este Primeiro Premio o que se presentaron 83 traballos procedentes de diversos puntos xeográficos da Península como tamén do extranxeiro.
Nun solemne acto a celebrar o vindeiro 18 de maio no Pazo de Adrán de Teo Calo terá lugar a entrega dos galardón os gañadores.”